SLIDER

jueves, 29 de septiembre de 2011

2011 ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES


O Ano Internacional dos Bosques pretende chamar a atención de todos os cidadáns do mundo durante 2011. 

          O seu obxectivo é aumentar os esforzos de recuperación e conservación das masas arbóreas mundiais e recordar que son parte esencial do desenvolvemento sostible do planeta, grazas aos beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan.

Segundo estimacións da FAO, cada ano desaparecen máis de 13 millóns de hectáreas de bosques en todo o mundo, unha superficie equivalente á cuarta parte da península Ibérica. 

          Os expertos sinalan diversas causas, todas elas provocadas polos seres humanos: a sobreexplotación e a talla ilegal, a conversión a terras agrícolas e gandeiras, a recolección insostible da madeira, a xestión inadecuada da terra, a creación de asentamentos humanos, as explotacións mineiras e petrolíferas, a construción de encoros e estradas, as especies invasoras, os incendios forestais, os cultivos para agrocombustibles, a fragmentación dos ecosistemas ou a contaminación atmosférica.

       Os bosques son moito máis que madeira. Máis de 1.600 millóns de persoas nos países máis pobres do mundo sobreviven polos alimentos, os materiais, a auga ou as medicinas que conseguen grazas a eles. Algúns son pobos indíxenas únicos en perigo de desaparición. Ademais, son o fogar do 80% da biodiversidade mundial de plantas e animais e, por iso, a súa destrución pon en perigo a supervivencia de moitas especies. Os bosques tropicais son o caso máis extremo, debido á gran cantidade e variedade de seres vivos e ás deforestacións masivas que padecen.

Vídeo Denuncia



miércoles, 28 de septiembre de 2011

Practica Online los Óxidos

Para practicar la formulación de los óxidos os dejo estos cuatro enlaces donde podreis realizar ejercicios y comprobar los resultados online. Aquellos óxidos de elementos NO explicados, NO se hacen. Espero que os ayude...





TEMA 1 MATE 4º ESO

Seguimos avanzando en el estudio de los Radicales. Sirvan estas aportaciones para repasar operaciones fundamentales con raices.

1º) Raiz de una raiz:


2º) Expresar como una única raiz una expresión matemática. Explicación detallada de un ejemplo en el enlace de abajo, para ver y/o descargar.

martes, 27 de septiembre de 2011

TEMA 1 BX 4º ESO

Dentro do estudo da célula, falamos dos virus, seres clasificados entre ser vivo e inerte. 
Neste vídeo explican que son, os tipos que hai, como actúan e demais aspectos importantes.



VIRUS DA GRIPE (simulación 3D)

lunes, 26 de septiembre de 2011

NOVAS

O satélite científico UARS da NASA, que se estrelou contra a Terra o pasado sábado, sementou un misterio acerca de onde podería ter caído exactamente a tonelada de lixo espacial que tería superado o proceso de desintegración ao reentrar na atmosfera. A axencia espacial estadounidense cre... ler máis

Satélite UARS 

TEMA 1 B&X 3º ESO

Neste aporte móstrase un Vídeo onde repasamos os distintos Niveis de Organización.
Dende o Átomo ata...




A CÉLULA EUCARIOTA

Este aporte é válido tanto para como de ESO na materia de Bioloxía, dentro do estudo da célula. Nel faise un percorrido pola súa estrutura, células animais e vexetais,  e os distintos orgánulos celulares que contén.
É unha boa ferramenta de Repaso Conceptual.

TEMA 1 B&X 4º ESO

Avanzamos no estudo da Célula, ata os Tipos de células que pode haber. Existen dúas: as Eucariotas e as Procariotas. Neste vídeo destácanse as características máis importantes de cada unha delas.

domingo, 25 de septiembre de 2011

TEMA 1 MATE 4º ESO

Comenzamos el curso en Matemáticas de 4º de ESO, con el Tema de Radicales, en este primer aporte vamos a repasar de un modo práctico, conceptos fundamentales de las operaciones con radicales. 
En este caso repasamos:

1º) Como extraer factores fuera de una raiz:



2º) Producto de Radicales (distinto índice)

3º) División de radicales (distinto índice)

4º) Producto y división:

NOVAS

Neste aporte explícannos dun xeito sinxelo que é o CERN, ferramenta científica para o estudio do comportamento das partículas subatómicas, onde traballan científic@s de todo o mundo. Hoxe está de actualidade polo descubrimento da velocidade dos neutrinos, que supera á velocidade da luz.

NOVAS

 No CERN (Centro Europeo de Investigación Atómica) acaban de detectar neutrinos (partículas subatómicas sen carga e masa desprezable) a unha velocidade SUPERIOR á velocidade da luz. 
Os investigadores dispararon neutrinos dende Xenebra e observaron a súa chegada ao Gran Sasso (Italia) tras un sprint de 730 quilómetros baixo terra. Os resultados mostraban o imposible: máis de 15.000 neutrinos bateran á luz por 60 mil millonésimas de segundo.

Era unha marca ridícula nunha pista de atletismo, pero revolucionaria en ciencia. A principios do século pasado, a teoría da relatividade de Einstein dixo que nada na natureza pode viaxar máis rápido que a luz. Os resultados do equipo de Autiero son, por agora, a maior contradición dese límite de velocidade cósmico...ler máis






sábado, 24 de septiembre de 2011

TEMA 1 B&X 4º ESO

A primeira estrutura que atopamos nunha célula é a súa Membrana Celular. Sirva este vídeo para decatarse da súa complexidade tanto estrutural como funcional.

viernes, 23 de septiembre de 2011

TEMA 1 F&Q 4º ESO

Primer boletín del curso en la materia de Física de 4º de ESO. Corresponde a la primera parte del estudio de la Cinemática.


Archivo para visualizar o descargar:

ENLACE DE DESCARGA: Boletin 1 cinematica (1ª parte) 

View more documents from montx189

jueves, 22 de septiembre de 2011

NOVAS

Un satélite de observación atmosférica, de case seis toneladas, que deixou de funcionar en 2005 e que agora está incontrolado, caerá á Terra nos próximos días, segundo anunciou a NASA. Os expertos calculan...ler máis.

TEMA 1 F&Q 4º ESO

Repasamos conceptos. En este vídeo se repasan conceptos básicos de Cinemática.
Es una buena herramienta de Repaso. 



TEMA 1 B&X 4º ESO

Comezamos a materia de Bioloxía en 4º da ESO, estudando a Célula. Este aporte é un video onde viaxamos ao interior do ser vivo máis pequeno que existe: A CÉLULA.



martes, 20 de septiembre de 2011

TEMA 1 F&Q 4º ESO

El primer Tema de Física de 4º de Eso, se basa en el estudio del movimiento de los cuerpos, es decir, la Cinemática. Como introducción al tema, sirva este vídeo (consta de dos partes) en el que se nos muestra entre otras cosas, qué estudia la Cinemática, ejemplos visuales de conceptos teóricos, etc...


        1ª PARTE


         2ª PARTE

domingo, 18 de septiembre de 2011

NOVAS

Un grupo de científicos do centro galego de investigación biomédica Euroespes, encabezados polo doutor Ramón Cacabelos (Cambados 1955), desenvolveron unha vacina preventiva contra a enfermidade do Alzheimer, cuxa patente foi admitida... ler máis

Como descargar arquivos do blog


Neste vídeo titorial móstrase como proceder para descargar os arquivos que se vaian engadindo ao blog. Trátase de usar unha aplicación web que se chama slideshare na cal con só crear unha conta gratuíta xa poderás descargar todos os arquivos que desexes, tanto en pdf como presentacións power point.
Espero que vos axude.


BOLETIN 1 FORMULACIÓN INORGÁCICA 3º ESO Óxidos

Primer Boletín del curso en la materia de Física y Química de 3º ESO. En él se plantean ejercicios de formulación de los óxidos en sus tres Nomenclaturas. El enlace de descarga (pdf) mas abajo.

APUNTES I: Valencias y Óxidos

Aporte correspondiente a Formulación Inorgánica. Se trata de la primera parte de los apuntes teóricos de la materia. Formato pdf.



jueves, 15 de septiembre de 2011

TEMA 1 B&X 3º ESO

O Corpo Humano vai ser o eixe central no desenrolo do curso, na materia de Bioloxía e Xeoloxía de 3º ESO. Sirva como introducción este vídeo onde percorremos o interior do noso corpo, observando o funcionamento de cada sistema e aparello.

TEMA 1 F&Q 3º ESO

Este aporte é un video onde se explica dun xeito orixinal,  que é e en que consiste o MÉTODO CIENTÍFICO.







lunes, 12 de septiembre de 2011

PROXECTO VOZ NATURA 2011/12 PDF

PROXECTO VOZ NATURA 2011/12



Durante este curso 2011/12, o noso centro participará novamente, e xa van 9 edicións nas que temos participado, na 15ª Edición do Concurso Voz Natura. Presentámonos co proxecto " A SEMENTE DO FUTURO".

O programa Voz Natura, auspiciado pola Fundación Santiago Rei Fernández-Latorre, céntrase nesta edición en reforestar, conservar e defender os espazos arbóreos como parte esencial do desenvolvemento do planeta. Así, nos proxectos que agora comezan a executarse abundan as iniciativas relacionadas cos bosques e os recursos forestais, os repoboacións con especies autóctonas, as limpezas de ecosistemas...

Mediante distintas actividades a desenvolver durante o curso, traballaremos cos alumn@s, espertar neles tanto unha conciencia coma unha educación mediaombiental, centrada na conservación e recuperación dos nosos bosques.

Neste blog irei publicando actividades, fotos, artigos, noticias e todo o relacionado co 
noso Proxecto.

         Aporto o enlace do proxecto na seguinte entrada.




viernes, 9 de septiembre de 2011


Este blog pretende ser unha ferramenta de apoio na miña tarefa como docente de Educación Secundaria. As TIC, en todas as súas modalidades, están cada vez mais presentes non só na aula senón tamén en todo o que nos rodea.


Unha posibilidade que teñen as Tic, é a creación de blogs, que permiten un continuo fluxo de información detallada e concreta dos temas que se poidan discutir.

Por todo iso e máis razóns, decidín este curso académico 2011/12 crear un blog enfocado ás Ciencias Naturais, que me sirva de apoio na miña práctica docente, con videos explicativos, presentacións, apuntes, enlaces...

Tamén pretende mirar ao noso Mundo dunha forma Ecolóxica e Sostible, achegando, videos denuncia, artigos, noticias, etc...

Espero que nos sirva de axuda a TOD@S.

miércoles, 7 de septiembre de 2011


Só despoís de que a última árbore sexa cortada.
Só despóis de que o último río sexa envelenado.
Só despóis de que o último peixe sexa apresado.
Só entón saberás que o diñeiro non se pode comer.
PROFECÍA INDIA