SLIDER

sábado, 29 de octubre de 2011

O Ser Humano TÍPICO

Con motivo dos 7000 millóns de habitantes aos que chegaremos os vindeiros días, National Geographic acaba de lanzar un spot, no que tenta porlle rostro ao SER HUMANO TÍPICO. Moi Interesante.


viernes, 28 de octubre de 2011

O Luns 31 de Outubro...chegamos a 7000 millóns da habitantes


A poboación mundial chega aos 7.000 millóns entre crecentes diferenzas de ricos e pobres

  • A ONU prevé que a finais deste século se chegue aos 10.000 millóns
  • Dous de cada tres habitantes do mundo vivirán en cidades
  • Asia consolidarase, África despegará e Europa estancarase demograficamente...ler máis

jueves, 27 de octubre de 2011

Aplicando la definición de Logaritmo

En el estudio de los Logaritmos, se hace fundamental el aplicar la definición a ejercicios prácticos; es dicir expresar un logaritmo como una ecuación donde tengamos que calcular una incógnita.
En el siguiente video nos muestran el procedimiento de esta transformación, así como  ejercicios de aplicación (resueltos).

Boletín 2 de Formulación Inorgánica - Hidruros e Hidróxidos

Para descargar el Boletín pincha abajo (Descarga).

Descarga
View more documents from montx189

miércoles, 26 de octubre de 2011

Foto do día


O satélite de observación terrestre Deimos-1 captou unha imaxe inédita da mancha volcánica xerada pola erupción submarina próxima á illa Del Hierro. A gran mancha, que ten unha superficie superior á da propia illa, proxéctase cara ao sur, dende a illa cara ao océano Atlántico, sen que afectase ao resto Del Hierro, segundo mostran as capturas.

A Conservación dos Alimentos

Dentro do estudo da Alimentación (3º ESO) chegamos ao punto da Conservación dos Alimentos. Estudamos a importancia e os motivos que nos levan a conservalos alimentos. Hoxe as técnicas de conservación teñen mellorado moito permitinto preservar un alimento máis tempo e nunhas condicións nutritivas case intactas.
Pero non sempre foi así...vídeo.

Boletín de Logaritmos y Ecuaciones Exponenciales (4º ESO)

Enlace de descarga del segundo Boletín de Matemáticas. Logaritmos y Ec. Exponenciales.

Descarga
View more documents from montx189

Repasamos Física 4º ESO

En esta entrada encontrareis la resolución explicada del Ejercicio 30 del Boletín I de Física:
"Un globo aerostático sube con una velocidad constante de 60 m/s. Justo cuando se encuentra a 13 m del suelo soltamos un peso para que caiga libre. Calcula a qué altura se encontrará el globo cuando el peso llegue al suelo."

Por que o Bocexo é contaxioso?


En moitas ocasións teredes notado que cando alguén bocexa, ao pouco tempo, alguén e mesmo algúns o imitan.

Dise que o bocexo é contaxioso, pero non hai ningún estudo que o asegure.
Existen varias hipóteses, como que se pode deber ao poder de suxestión.

Tamén se di que o bocexo serve para sincronizar o comportamento anímico, polo que se emitiría un sinal de cansazo a outros membros do grupo, para sincronizar os patróns de sono e actividade.

Moitos animais tamén bocexan, pero a diferenza do efecto contaxioso que produce no ser humano, entre os animais non se contaxia.

Parte (II) Formulación Inorgánica

Xa podedes descargar a segunda parte do estudo da Formulación Inorgánica onde formularemos os Hidruros e os Hidróxidos.


Descargar
View more documents from montx189

A Desnutrición

En anteriores entradas xa reflexei o grave problema da Fame no Mundo. A Desnutrición é un punto que tratamos no segundo Tema de 3º de ESO, este aporte é unha nova visión do problema así como unha crítica as/os responsables de causalo...

lunes, 24 de octubre de 2011

Como se ven @s Anoréxic@s

Ao estudar a Alimentación en 3º ESO, falamos de dous trastornos alimenticios moi graves e actuais, como son a Anorexia e Bulimia. Para ser conscientes da gravidade do problema que representan estas dúas enfermidades déixovos dous vídeos.

O primeiro vídeo mostra dúas campañas publicitarias de loita contra istas enfermidades. As veces... a Realidade supera á Ficción.


O segundo é a Primeira Parte dun documental (Mi cuerpo, mi enemigo - TVE) onde se analizan as dúas enfermidades así como as súas consecuencias.

Power Tema 2 de 4º ESO

Aqui tedes o enlace para ver e/ou descargar a presentación en Power Point do Segundo Tema de Bioloxía de 4º de ESO:  

AS FUNCIÓNS DA CÉLULA

domingo, 23 de octubre de 2011

Los Logaritmos


Empezamos el Tema 2 de Matemáticas (4º ESO) con el estudio de los Logaritmos. Aunque a primera vista no tienen una aplicación clara en la vida real, es todo lo contrario, ya que se usan en multitud de cálculos complejos que intentan explicar situaciones de la vida real, como:


Algunas aplicaciones

1.- Aplicación del Logaritmo en la Economía: Se puede aplicar en la oferta y la demanda; que son dos de las relaciones fundamentales en cualquier análisis económico. 

2.- Aplicación del Logaritmo en la Banca: se utiliza los logaritmos para poder medir el crecimiento de los depósitos de acuerdo al tiempo.

3.- Aplicación del Logaritmo en la Publicidad: cuando las campañas publicitarias van a lanzar un producto o una promoción se toma en cuenta ciertos aspectos de estadísticas donde entran variados cálculos matemáticos, y de eso depende el éxito o fracaso de la misma.

4.- Aplicación del Logaritmo en la Psicología: se utiliza la ley de Weber - Fechner, de estímulo-respuesta, que dice que la respuesta (R) se relaciona con el estímulo (E). Ejemplo: a un levantador de pesas se le aplica un estímulo de electricidad (en voltios) para alentarlo a levantar más peso (este método ha sido utilizado por algunos levantadores).

5.- Aplicación de Logaritmo en la Física: Ejemplos: la trayectoria de una pelota lanzada al aire, la trayectoria que describe un río al caer desde lo alto de una montaña, la forma que toma una cuerda floja sobre la cual se desplaza un equilibrista, el recorrido desde el origen, con respecto al tiempo transcurrido, cuando una partícula es lanzada con una velocidad inicial.

6.- Aplicación de Logaritmo en Ingeniería Civil: Se pueden resolver problemas específicos tomando en cuenta un punto de apoyo de una ecuación de 2do grado Ejemplo: Al construir un puente colgante que esta amarrado a 2 torres de sus cables. 

7.- Aplicación de Logaritmo en la Biología: Los biólogos lo utilizan para estudiar los efectos nutricionales de los organismos. Se puede mostrar que se aplica en el calculo del PH que es el logaritmo de la inversa de la concentración de iones de hidrogeno, y mide la condición llamada acidez.

8.- Aplicación de Logaritmo en la Geología: Como ciencia las ecuaciones logarítmicas para la geología sirven para el cálculo de la intensidad de un evento. Ejemplo: el caso de un sismo. 

9.- Aplicación de Logaritmo en la Astronomía: Los astrónomos para determinar una magnitud estelar de una estrella o planeta, utilizan ciertos cálculos de carácter logarítmico. La ecuación logarítmica les permite determinar la brillantez y la magnitud.

10.- Aplicación de Logaritmo en Química: El PH es la concentración de H+, donde H+ una sustancia se define como: H = -Log iones de una sustancia expresada en moles por litro. El PH del agua destilada es 7. Una sustancia con un PH menor que 7, se dice que es ácida, mientras que su PH es mayor que 7, se dice que es base. Ejemplo: Los ambientalistas miden constantemente el PH del agua de lluvia debido al efecto dañino de la "lluvia ácida" que se origina por las emisiones de dióxido de azufre de las fábricas y plantas eléctricas.

11.- Aplicación de Logaritmo en la Música: Un ejemplo de escala logarítmica es el pentagrama utilizado en occidente para escribir música, la diferencia en la altura del sonido es proporcional al logaritmo de la frecuencia (de un do grave al do siguiente más agudo la frecuencia se dobla. Es decir: que la sucesión de frecuencias de las notas do están en progresión geométrica).



sábado, 22 de octubre de 2011

Imaxes da Natureza

Unha imaxe do español Daniel Beltrá, que retrata a un grupo de pelicanos cubertos de petróleo a causa da recente vertedura no Golfo de México, obtivo o primeiro premio da 47ª edición do concurso de fotografía de natureza "Environment Wildlife Photographer of the Year".
A fotografía, titulada Natureza morta con petróleo, foi tomada por Beltrá nun refuxio temporal...ler máis...

Neste ENLACE podes ver as 10 mellores fotografias do certame.

A Nutrición e Relación nas Células

Rematamos o segundo Tema en 4º de ESO, estudando as funcións de Nutrición e Relación no mundo Celular. 
No primeiro vídeo repasamos os aspectos máis importantes da Fotosíntesis, proceso vital na nutrición das células vexetais.


Neste segundo vídeo podemos observar o movemento ameboide nunha ameba ( protozoo unicelular do xénero AMOEBA). Vense claramente os Pseudópodos que emite para moverse.


No terceiro vídeo, observaremos un exemplo de Movemento Contráctil, realizado polo protozoo de auga doce Vorticella,



Neste derradeiro vídeo, móstrasenos a acción de Cilios e Flaxelos, órganulos das células animais que lle permiten realizar o Movemento Vibrátil deste tipo de células.

miércoles, 19 de octubre de 2011

Gametoxénesis, que é?

Neste vídeo repasamos en que consiste o proceso de formación dos gametos sexuais nos dous aparellos reproductores, mediante mitosis e meiosis sucesivas, a partir dunha primeira célula.

Foto do día


Imaxe satélite facilitada pola NASA onde se aprecian os incendios forestais xurdidos nos últimos días en Galicia, que seguen arrasando numerosos montes, maioritariamente da provincia de Ourense. Sen comentarios.

Repasamos a Mitosis e Meiosis mediante Animacións


Nos seguintes enlaces dispodes de dúas Animacións que vos poden axudar a entender mellor os dous métodos reproductivos das células.



As Noces, un bó alimento


En 3º de ESO estamos a estudar os distintos grupos de alimentos coas súas principais ventaxas para nós; un bó exemplo é un alimento moi común e que está en plena recoxeita son: as Noces. Como fruto seco aporta grandes cantidades de fibra, ten baixos niveis de graxas saturadas e un alto contido en graxas insaturadas beneficiosas, ademais de ser moi rica en antioxidantes.

O Dr. Joe Vinson, da Universidade de Scranton (EEUU), experto no efecto dos antioxidantes sobre a saúde, participa na conferencia que se celebra dende hoxe ata o 20 de outubro en Sitges. O Dr. Vinson explica no congreso...ler máis
Dr. Joe Vinson

Repasamos la Racionalización

Aquí teneis un enlace donde se resuelven tres ejercicios prácticos de Racionalización estudiando los tres métodos posibles.


lunes, 17 de octubre de 2011

Seguen os Incendios


Os últimos lumes forestais en Galicia afectan a máis de 6.000 hectáreas. Case todos os incendios se localizan na provincia de Ourense.
A situación nos montes galegos permanece en máxima alerta despois do último parte de Medio Rural, que recoñece 16 incendios activos e outros dous controlados, a gran maioría na provincia de Ourense. A superficie total queimada supera xa de sobra as 6.000 hectáreas...ler máis

Os Nutrientes na nosa Dieta

No Tema 2 de Bioloxía de 3º de ESO comezamos estudando a alimentación e a importancia dos Nutrientes para o organismo. A base dun bó funcionamento do noso corpo é ter unha dieta equilibrada, para iso a cantidade de nutrientes que incorporamos é fundamental.
Nos seguintes tres videos explícanse a importancia dos Hidratos de Carbono, Lípidos e Proteinas, asi como os alimentos máis representativos de cada grupo.

HIDRATOS DE CARBONO (Glícidos)



GRAXAS (Lípidos)



PROTEINAS

domingo, 16 de octubre de 2011

Paso a Paso

En esta entrada teneis la resolución explicada del ejercicio número 15 del Boletin I de Física 4º ESO. Según el enunciado: " Se lanza un cuerpo verticalmente hacia arriba con una velocidad de 20 m/s desde el tejado...".

SOLUCCIÓN: 

4º ESO Apuntes Complementarios: Función de Nutrición e Relación nas Células

O Tema 2 complétase co estudo das funcións de Relación e Nutrición nas Células. No seguinte enlace podedes descargar os apuntes.


Aprendamos deles

Se os adultos aprendésemos dos nen@s, as cousas poderian chegar a cambiar:


Temos alimentos suficientes para que todos os seres humanos poidamos comer...entón por que hai xente que morre de fame???.

Día Mundial da Alimentación


Como introducción ao Tema 2 de Bioloxía de 3º de ESO, no que trataremos a Alimentación, lembrar que hoxe 16 de Outubro celébrase o Día Mundial da Alimentación, proclamado en 1979 pola Conferencia da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO). 
A súa finalidade é a de concienciar ás poboacións sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza. O Día coincide coa data de fundación da FAO en 1945. En 1980, a Asemblea Xeral avalou a importancia do Día por considerar que "a alimentación é un requisito para a supervivencia e o benestar da humanidade e unha necesidade humana fundamental".
Aínda que a produción mundial de alimentos pode abastecernos a tod@s, preto de mil millóns de persoas no mundo, o 15% da poboación, ten fame.

Para o Día Mundial da Alimentación deste ano elixiuse como lema: "Prezos dos alimentos: da crise á estabilidade" para botar luz sobre esta tendencia á volatilidade e as medidas que se poden adoptar para mitigar os seus efectos na poboación máis vulnerable.
A situación é inaceptable Segundo a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), o Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola (FIDA) e o Programa Mundial de Alimentos (PMA), nun novo informe sobre a fame no mundo feito público esta semana, estima que estas crises están a dificultar os esforzos con miras a alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) de reducir á metade a proporción de persoas que sofren fame no mundo para 2015.

Hambruna en Somalia 2011
Neste último ano máis de 70 millóns de persoas (case o dobre da poboación de España) engadiron a terrible lista de xente que pasa fame.

Repasamos a Mitosis e Meiosis

Neste aporte repasamos os conceptos máis importantes dos dous métodos que posúen as células para a sua reprodución: MITOSIS e MEIOSIS.
Facémolo mediante este vídeo didáctico.

Desastre Medioambiental en Nova Zelandia

O pasado 5 de Outubro as autoridades de Nova Zelandia lanzaron unha alerta por contaminación marítima e posible marea negra ao longo das súas costas debido ao naufraxio de parte do buque portacolectores de Liberia "Rena" que ameaza con romperse completamente e verter ao mar 1.700 toneladas de fuel pesado nunha baía repleta de mamíferos mariños.

Este buque ten unha capacidade de 47.000 toneladas e naufragou o pasado mércores na baía de Plenty, sobre os arrecifes de Astrolabe, a uns 22 quilómetros da cidade de Tauranga, sobre a illa do Norte en Nova Zelandia.

O carburante que se verteu sobre o mar xa forma unha masa sólida de cinco quilómetros de longo na costa e contén, ademais, substancias químicas disolventes.
Mancha de Fuel deixada polo Rena


As autoridades neozelandesas xa iniciaron os traballos de limpeza, aínda que sen obter resultados polas fortes correntes na zona.

O ministro de Medio, Nick Smith, estimou o venres que a avaría do "Rena" "podería converterse na máis grave catástrofe ambiental e marítima que padeceu Nova Zelandia nas últimas décadas".

Segundo o ministro de Transportes, Steven Joyce, as autoridades incrementan as tarefas para succionar o combustible da vertedura.

No seguinte vídeo podemos observar imaxes gravadas dende o propio buque.


viernes, 14 de octubre de 2011

¿Por que a Gripe é máis frecuente en Inverno?

VIRUS DA GRIPE COMÚN
O virus da gripe, circula polo ambiente durante todo o ano. Pero cales son os factores que fan que o virus nos afecte máis en Inverno que no resto do ano?. A esta pregunta contéstanos Antoni Trilla, epidemiólogo experto en gripe no Hospital Clinic de Barcelona. Según dí:

  • Sucede porque as condicións ambientais en inverno, é dicir, o frío e a baixa humidade, son máis favorables para a propagación destes virus. Aínda que as novas gripes, como a A, non seguen este patrón e se expanden comodamente fóra de tempada,
  • En inverno saímos menos ao exterior. Estamos en recintos pechados, con pouca ventilación e en contacto uns con outros. Nestas condicións é máis doado contaxiarse.
  • O contaxio prodúcese a través das vías respiratorias. Cando unha persoa tose ou espirra expulsa gotiñas cargadas de virus que suspendidas no aire pode respirar outra persoa e contaxiarse.As mans manchadas de virus tamén son outra vía típica de contaxio. Tapamos a boca ao tusir con elas. Logo tocamos a cara, a boca ou o nariz doutras persoas con elas e contaxiámolos.Para evitar a transmisión hai que lavarse as mans regularmente e cubrirse a boca e o nariz cun pano de papel ao tusir ou espirrar.Cando o virus xa chega ao noso corpo, a través do nariz, avanza pola garganta e os pulmóns. Alí adhírese ás células e empeza a multiplicarse.
  • Se a infección prospera, non hai máis remedio que resignarse a padecela. Hai que descansar, beber moito líquido e axudarse de fármacos para paliar os síntomas, como a tose ou a febre.
 
 

40.000 piscinas Olímpicas

Esa sería a cantidade equivalente do magma expulsado polo interior terrestre na illa Del Hierro durante estes días. O feito da saida do magma minimiza o risco dunha erupción terrestre o que suporia un risco moi elevado para os habitantes da illa. Para saber máis pincha aqui

Fotografia de hoxe da mancha deixada polo magma no fondo oceánico terrestre:

miércoles, 12 de octubre de 2011

As mellores Microimaxes do 2011

Ao estudar o mundo celular, entramos dentro dunha visión microscópica das cousas; este mundo descoñecido é a súa vez sorprendente. Na última edición do concurso de fotografía Small World de Nikon, fallada fai só uns días, elixiu as mellores microimaxes de 2011 que descobren toda esa beleza oculta e supoñen unha contribución científica de importancia crítica para as ciencias da vida, a investigación biolóxica e a ciencia dos materiais.

A fotografía gañadora é unha larva de crisopa verde, unha imaxe tomada por Igor Siwanowicz, do Instituto Max Planck de Neuroloxía en Martinsried (Alemaña). Magnificada 20 veces, a diminuta criatura é un ser con feroces mandíbulas e perigoso aspecto.


 Outras microimaxes destacadas son:

A Superficie dun microchip aumentado 500 veces.


Unha pulga de auga aumentada 100 veces:



Resolución Ejercicio Radicales Boletín

Esta es la resolución detallada del apartado K del primer ejercicio correspondiente al Boletín de Radicales. Formato pdf para ver y/o descargar.



Ciclo Celular e Mitosis

O ciclo celular dunha célula calquera, comprende dúas etapas fumdamentais: a Interfase, onde a célula realiza as suas funcións; e a Mitosis, onde a célula se divide para dar lugar a dúas células fillas.
É indispensable para a nosa vida que este proceso se leve a cabo, sin erro, millóns de veces cada segundo no noso corpo. Neste vídeo móstranse os conceptos máis importantes tanto do ciclo celular como da mitosis.

Cifras Significativas: qué Son?



En el estudio de La Medida en 3º de ESO, trabajamos el concepto de las Cifras Significativas de un número; pues éstas son los dígitos que tienen valor dentro de una cantidad. Para practicar este concepto os dejo un enlace donde ademas de repasar las normas para establecer el número de cifras significativas de una cantidad, nos permite resolver ejercicios y comprobar el resultado.


martes, 11 de octubre de 2011

¿Canto tempo viven as diferentes células do noso corpo?


Ao estudar o ciclo celular (4º ESO) podemos facernos a pregunta anterior. Pois ben a duración da vida dunha célula depende principalmente do que esté marcado no seu ADN (instuccións) e da súa función. Para calcular a sua idade hai que fixarse no seu ADN xa que non cambia dende o momento da formación da célula ata a súa morte. O resto de orgánulos celulares renóvanse cada ciclo celular efectuado.

O científico sueco Jasen Frisen inspirouse nas datacións arqueolóxicas, que usan un reloxo moi fiable: a radiactividade. Os núcleos dos átomos radiactivos desintégranse a unha velocidade bastante constante e, se se coñece a proporción dunha substancia radiactiva que había en orixe, cando se formou a célula, pódese calcular a idade desta medindo a cantidade de radiactividade que presenta na actualidade.

Os resultados de aplicar os seus estudos ás células humanas foron moi interesantes. Demostran que o noso corpo ten unha idade media de entre 7 e 10 anos, a pesar de que nós teñamos varias décadas máis. A maioría das células renóvanse, pero os ritmos de renovación son moi dispares.

As células que menos viven son as que están sometidas a un maior desgaste. As células que recobren o interior do sistema dixestivo, que están sometidas ao ataque constante de ácidos e encimas dixestivas, viven unha media de 5 días (aínda que o resto de células do sistema dixestivo viven máis de 15 anos en media). As células da capa externa da pel, que resisten as agresións do medio exterior, duran unhas dúas semanas (o po que respiramos está en boa medida formado polas escamas que se nos desprenden).

Os glóbulos vermellos do sangue, moi golpeados despois de viaxar moitos quilómetros polo torrente circulatorio, duran uns 120 días. As células do fígado, que deben procesar todo tipo de substancias tóxicas, desgástanse tamén pronto: viven entre 300 e 500 días.

Outras células que non soportan tanto atafego teñen unha vida moito máis duradeira. As células dos nosos ósos viven uns dez anos. Hai mesmo células que non se substitúen en toda a vida: as neuronas da codia cerebral e as do cristalino ou lente interna do ollo (aínda que estas en realidade son células mortas, desprovistas de núcleo), cuxa dexeneración causa as cataratas coa idade. As células do corazón incluíanse antes tamén entre as que non se renovaban, pero os últimos estudos parecen mostrar que se xeran algunhas novas células ao longo da vida.

lunes, 10 de octubre de 2011

NOVAS

Durante este curso en 4º da ESO na materia de Bioloxía e Xeoloxía estudaremos Os Volcáns dentro da Dinámica Interna do noso Planeta. Como exemplo da continua actividade interna da Terra, hoxe o Instituto Xeográfico Nacional apunta a unha erupción submarina na illa del Hierro (Tenerife) .Os medidores rexistran o sinal típico da saída do magma. O director xeral de Seguridade e Emerxencias do Goberno de Canarias asegura que se detectaron gases a entre 600 e 1.200 metros de profundidade baixo o mar...ler máis.

Mapa dos últimos tremores na illa Del Hierro

domingo, 9 de octubre de 2011

FORMULACION INORGÁNICA - Recurso Web


Este recurso web nos permite formular y nombrar gran cantidad de compuestos inorgánicos por distintas Nomenclaturas. Tambien posee apuntes teóricos de las reglas de formulación de los distintos compuestos químicos. Su uso es muy intuitivo y todos los ejercicios son corregidos online.
Puedes usarlo a lo largo del estudio de la Formulación Inorgánica, a medida que se estudien todos los compuestos en clases.
Puedes practicar formulando y nombrando los óxidos.


TEMA 2 BX 4º ESO

A base da funcionalidade de cada célula do noso corpo está no seu ADN, concretamente nos Cromosomas que o conforman. Neste vídeo amósase a estrutura dunha molécula de ADN.


TEMA 2 BX 4º ESO

No Tema 2 de Bioloxía de 4º de ESO, estudaremos as Funcións da Célula, como ser vivo: Nutrición, Relación e Reprodución. Sirva este vídeo como introducción ao Funcionamento Celular, asi como para repasar a estrutura básica dunha célula Eucariota.

TEMA 1 FQ 4º ESO

En el primer boletín de Cinemática, resolvimos el ejercicio (5) del mismo, donde se nos planteaba un sistema de tres ecuaciones con tres incognitas irresoluble. Aquí teneis la solucción detallada en formato pdf para ver y/o descargar.

jueves, 6 de octubre de 2011

TEMA 1 MATE 4º ESO

La racionalización de radicales es la operación matemática que nos permite eliminar raíces del denominador de una fracción. Hemos estudiado tres casos, en los siguientes vídeos se muestra cada uno de ellos explicados mediante un ejemplo.

1º) CON UNA RAIZ CUADRADA EN EL DENOMINADOR:


2º) CON UNA RAIZ ENÉSIMA (indice distinto de dos) EN EL DENOMINADOR.



3º) CON UNA SUMA O RESTA (de raices o número y raiz) EN EL DENOMINADOR:

miércoles, 5 de octubre de 2011

martes, 4 de octubre de 2011

TEMA 1 BX 3º ESO

Na parte final do Tema 1, estudamos o concepto de célula nai e dous dos tipos que pode haber. Nesta serie de vídeos revisamos as características máis importantes das células nai, asi como, os distintos tipos.



PARTE 1

PARTE 2


PARTE 3


PARTE 4