SLIDER

sábado, 31 de diciembre de 2011

Foto Nocturna


Foto satélite da NASA onde apreciamos a península ibérica iluminada polas luces das cidades.

miércoles, 28 de diciembre de 2011

Foto do Día



Na depresión de Afar, en África, pastores e mercadores de sal sobreviven nunha paisaxe surrealista de fisuras, fallas e un lago de lava fervente.
O xofre e as algas converten as fontes termais en lagoas de vivas cores. A auga é o resultado da condensación dos gases quentes que ascenden das cámaras magmáticas. Tras evaporarse, os sales e os minerais forman unha colorida codia.

martes, 27 de diciembre de 2011

O máis buscado en Google 2011




Google publicou un ano máis a lista de palabras máis buscadas en 2011 polos internautas. Este ranking, denominado Zeitgeist, ofrece unha mirada ás tendencias en internet marcadas polas consultas dos usuarios no ano que se remata.

No seguinte VÍDEO (Pincha aquí) podes ver un listado do máis buscado.

domingo, 25 de diciembre de 2011

viernes, 23 de diciembre de 2011

Premio "Science"



'Science' nomea o tratamento de prevención contra o VIH como o descubrimento do ano.
A revista Science elixiu ao revelador estudo de VIH (coñecido como HPTN 052) como o descubrimento científico máis importante en 2011. Este ensaio clínico demostrou que é un 96% menos probable que a xente contaxiada con VIH transmita o virus ás súas parellas se toman fármacos antirretrovirales (ARVs polas súas siglas en inglés).

Os achados poñen fin a un debate de hai moito tempo...ler máis

O ensaio clínico que revitalizou a investigación sobre VIH encabeza a lista de avances da revista en 2011. Xunto a este achado, a revista destacou tamén a misión da nave espacial Hayabusa, o descubrimento en Sudáfrica do Australopithecus sediba ou a detección de estraños sistemas solares realizada polo observatorio Kepler da NASA.

jueves, 22 de diciembre de 2011

FELICES FESTAS...

Como postal navideña, déixovos este spot publicitario dunha coñecida marca de refrescos. Por moi mal que pinten as cousas... sempre hai razóns para pensar nun Mundo mellor...



FELICES FESTAS A TOD@S!!!!!

domingo, 18 de diciembre de 2011

Foto do día



Xuño 2011
Irlanda- Xogando sobre o xeo glacial en pleno verán? Esta ilusión óptica é obra de Edgar Müller, autor da atracción chamada "La grieta". Creada en cinco días sobre o pavimento dun peirao de Dún Laoghaire, o falso precipicio ocupa máis de 185 metros cadrados.

Biotecnoloxía...por Eduard Punset



Durante millóns de anos, a selección natural e o azar aseguraron a supervivencia dos mellores xenes e dos deseños máis adaptados. Hai uns 10.000 anos, a especia humana comezou a realizar unha selección propia coas especies que aprendeu a cultivar. E ao inicio do século XXI, a ciencia sabe xa modificar o código da vida para crear novos seres adaptados, non xa ao seu ámbito, senón ás necesidades do ser humano.

A sociedade ha de prepararse para entender e debater os cambios e posibilidades que se aveciñan grazas á biotecnoloxía. Eduardo Punset discute con Luis Serrano os segredos da bioloxía sintética e as súas aplicacións na saúde e o medioambiente, nunha entrevista-documental co selo inconfundible de ...Punset. 
Recomendable.


Tema 3 Bioloxía 3º ESO: Power

Xa podedes descargar ou visualizar o Power do Tema 3 (completo) de 3º de ESO: Aparatos Dixestivo e Respiratorio.


Ejercicios de Repaso: Leyes de los Gases

Ya podéis descargar la relación de problemas de repaso correspondientes a las Leyes de los Gases.


jueves, 15 de diciembre de 2011

Buratos Negros...


Simulación do acontecemento

Unha nube será engulida por un burato negro no centro da Vía Láctea.Un equipo internacional de científicos observou un cúmulo de gas que se precipita cara ao burato negro masivo situado no centro da nosa galaxia. O momento de máxima proximidade da nube será a mediados de 2013, pero os científicos percibiron como a forza do burato negro xa lle está a afectar.

"É a primeira vez que vemos unha nube caendo a un burato negro", afirma a SINC Stefan Gillessen, investigador do Insituto Max Plank e autor dun estudo que describe as primeiras fases deste fenómeno. "Isto vainos permitir aprender moito sobre estes misteriosos obxectos".

A nube ten unha masa tres veces superior á da Terra e móvese cara a unha zona no centro da Vía Láctea coñecida como Saxitario A. Alí encóntrase...ler máis

Expedición Acciona Antártida 2011



Comeza a Expedición Acciona Antártida 2011, un percorrido de máis de 3.500 quilómetros para alcanzar o Polo Sur a bordo dun trineo movido polo vento, con cero emisións. O concepto, inspirado en técnicas empregadas polos inuit (tribu esquimó), foi ideado e desenvolvido por Ramón Larramendi.
Nesta viaxe, os alpinistas pretenden probar un novo prototipo con capacidade para catro pasaxeiros e maior eficiencia térmica e enerxética. Ademais, acurtarán a duración da viaxe, con xornadas de 24 horas de navegación ininterrompida. O obxectivo, sentar as bases tecnolóxicas e loxísticas para o desenvolvemento dun programa de investigación científica estable na Antártida Oriental, unha zona practicamente inaccesible a vehículos convencionais. Ademais, o equipo persegue un cambio de actitude, mediante o uso de tecnoloxías ecoeficientes e que prescinden totalmente do uso de combustibles fósiles.

O proxecto enmárcase dentro do centenario das viaxes de Amundsen e Scott, que alcanzaron o Polo Sur por primeira vez na historia. Durante este ano daranse cita na Antártida numerosas expedicións de tipo científico e deportivo para celebrar o acontecemento.

Vídeo Promocional



Resta de Fracciones Algebraicas

Otro ejemplo más de operaciones con fracciones algebraicas. En este caso es una resta, que nos explican en el siguiente vídeo.


Simplificación de Fracciones Algebraicas

En el siguiente vídeo podéis ver la simplificación de una fracción aplicando el método de factorización de Factor Común. Explicación muy detallada...




miércoles, 14 de diciembre de 2011

Voz Natura: Actividade Infantil e Primaria


Os alumnos/ás de Ed. Infantil e Ed. Primaria realizaron unha actividade enmarcada dentro do Proxecto Voz Natura que realizaremos durante este curso.

A actividade en Ed. Infantil desenvolveuse na aula de cada un dos grupos e consistía en plantar un bulbo dunha planta nunha maceta. Os nenos/ás participaron activamente na actividade, sendo eles os protagonistas do proceso de sementeira.
O seguinte paso será o coidado da planta, dende os seus inicios, co fin de que os nenos/ás sexan participes de todo o desenvolvemento da planta.

Os alumnos de Ed. Primaria desenvolveron a súa actividade no Ximnasio do Centro, onde cada clase, realizou unha sementeira dunha especia arbórea (Acivro) nunha maceta. Unha vez realizada a sementeira os alumnos/ás deberán realizar todos os coidados pertinentes para poder transplantar a especie a un hábitat natural autóctono durante a celebración do día da árbore.

O Obxectivo principal dun Proxecto Ambiental, como é o de VozNatura, é que os alumnos/ás adquiran unha conciencia ambiental dende as idades máis temperás ata chegar á adolescencia, considerando a conciencia ambiental un valor moi importante nas persoas.

Podedes ver as fotos de Infantil no seguinte enlace Pincha Aquí

Podedes ver as fotos de Primaria no seguinte enlace Pincha Aquí

Ventilación Pulmonar

A Ventilación Pulmonar é o conxunto de procesos mecánicos que nos permiten introducir aire nos pulmóns e poder logo expulsalo. Consta de Inspiración e Espiración.
No seguinte vídeo explícannos os dous movementos.


Cen Anos do Sono do Polo Sur



Ao ser humano faltáballe alcanzar unha xesta na Antártida. Hoxe cúmprese un século dende que o explorador Roald Amundsen fixese historia para Noruega (e o mundo).

Hoxe hai 100 anos que o noruegués Roald Amundsen cravaba a bandeira do seu país a 90 graos latitude sur, o centro xeográfico do inmenso continente xeado, a Antártida. Amundsen culminara así case dous meses de ruta e, paradoxos do destino, dera a volta a un sono de infancia. "Levo toda a miña vida soñando con conquistar o Polo Norte e téñome aquí, hoxe neste día, conquistando o Polo Sur", afirmou.

Máis dun mes despois, o 17 de xaneiro de 1912, chegaría o británico Robert Falcon Scott, que xunto aos seus homes morrería no camiño de volta. "Fóra, diante da porta da tenda, toda a paisaxe é unha terrible cifra, resistiremos ata o final, a morte xa non pode estar demasiado lonxe: é unha pena, pero non creo poder seguir escribindo. Polo amor de Deus, coidade das nosas familias... " escribía no seu diario o capitán Scott.


Fotografía da última carta escrita por Scott, xusto antes de morrer.Traducción aproximada: "Aferrarémonos ata o final, pero estámonos a debilitar, por suposto, o final non pode estar lonxe. É unha pena, pero non creo que poida escribir mais. Ultima anotación: Por Deus, coidade da nosa xente".

De ESQUERDA a DEREITA
De pé: Oates, Scott e Wilson
Sentados: Bowers e Evans

No seguinte vídeo (Pincha aquí) podedes ver unha homenaxe ao capitán Robert Falcon Scott e os seus compañeiros (Oates, Bowers, Wilson e Evans).

martes, 13 de diciembre de 2011

Leyes de los Gases - Ejercicios



La solución de los siguientes ejercicios...próximamente:


1.- Una cantidad de gas ocupa un volumen de 80 cm3 a una presión de 750 mm Hg. ¿Qué volumen ocupará a una presión de 1,2 atm si la temperatura no cambia?
Expresa el resultado en litros.

2.- El volumen inicial de una cierta cantidad de gas es de 200 cm3 a la temperatura de 20ºC. Calcula el volumen a 90ºC si la presión permanece constante.
Expresa el resultado en hm3

3.- Una cierta cantidad de gas se encuentra a la presión de 790 mm Hg cuando la temperatura es de 25ºC. Calcula la presión que alcanzará si la temperatura sube hasta los 200ºC.
Expresa el resultado en atm.

4.- Un recipiente cerrado de 2 l. contiene oxígeno (O2) a 540 K y 1800 mm de Hg. Calcula los gramos de oxígeno contenidos en el recipiente. Dato:   Masa Atómica:   (O)=16.     R=0,082










O Proxecto Xenoma Humano



O Proxecto Xenoma Humano (PGH) foi un proxecto de investigación científica co obxectivo fundamental de determinar a secuencia de pares de bases químicas que compoñen o ADN e identificar e cartografar os aproximadamente 20.000-25.000 xenes do xenoma humano dende un punto de vista físico e funcional.
O proxecto dotado con 90.000 millóns de dólares, foi fundado en 1990 no Departamento de Enerxía e os Institutos Nacionais da Saúde dos Estados Unidos, baixo a dirección de James D. Watson, cun prazo de realización de 15 anos. Debido á ampla colaboración internacional, un borrador inicial do xenoma foi rematado no ano 2000 (anunciado conxuntamente polo ex-presidente Bill Clinton e o ex-primeiro ministro británico Tony Blair o 26 de xuño de 2000), finalmente o xenoma completo foi presentado en abril do 2003, dous anos antes do esperado.

No seguinte vídeo podedes ver un percorrido no tempo deste determinante Proxecto.


Intercambio de Gases nos Alvéolos


As paredes dos alvéolos pulmonares son moi delgadas e están rodeadas por unha rede de capilares sanguíneos.
Nos alvéolos realízase o intercambio de gases (O2 e CO2) entre o aire que hai no interior dos alvéolos e o sangue que circula polos capilares sanguíneos. O intercambio de gases acontece mediante un proceso físico chamado difusión, que consiste en que as moléculas se desprazan dende onde hai máis concentración onde hai menos.
O osíxeno é transportado no sangue por unha molécula moi coñecida, a hemoglobina, de intensa cor vermella. Nela hai ferro e é a el ao que se une o osíxeno. A hemoglobina está dentro dos glóbulos vermellos ou hemacias.
O dióxido de carbono transpórtase disolto no plasma sanguíneo (a parte líquida do sangue).

No seguinte vídeo podedes ver unha explicación detallada do proceso ao completo.


lunes, 12 de diciembre de 2011

Biotecnoloxía


Segundo o Convenio sobre Diversidade Biolóxica de 1992, a biotecnoloxía podería definirse como "toda aplicación tecnolóxica que utilice sistemas biolóxicos e organismos vivos ou os seus derivados para a creación ou modificación de produtos ou procesos para usos específicos".

Que a biotecnoloxía cambiou e seguirá cambiando a nosa vida non é algo novo, pero sempre nos custa imaxinarnos por onde irán os novos cambios e como de preto están. Para estimular esa imaxinación, preséntoche cinco investigacións próximas a converter os seus descubrimentos en realidade e cun potencial enorme para mellorar as nosas vidas.


1º) Bacterias que comen aceite. O seu uso podería minimizar o impacto no medio das verteduras de petróleo, acelerando a súa limpeza. Aínda que se sabe destas bacterias dende os 80, non foi ata hai pouco cando se puido secuenciar o seu xenoma de forma completa, o que facilitará aos científicos a tarefa de mellorar determinadas calidades que fagan a súa limpeza máis rápida.

2º) Células antitumorais
. No centro de investigación contra o cancro de UCLA crearon unha tropa de células preparadas para mellorar o noso sistema inmunitario detectando e destruíndo melanomas malignos. Os super linfocitos introdúcense no corpo por vía intravenosa e chegan onde estea o tumor. Os estudos en humanos empezarán nun ano. 

3º) Biocombustible a partir de plantas de tabaco
. Ata agora utilizábase o aceite que se encontraba nas sementes do tabaco para producir biocombustibles, pero a cantidade que se podía extraer facía o proceso pouco viable. O avance? Conseguir o aceite das follas do tabaco, que ademais son modificadas xeneticamente para producir vinte veces máis. 

4º) Tecnoloxía para secuenciar o xenoma de forma barata e efectiva
. A medicina personalizada parece ser o futuro, e para iso é básico poder identificar o ADN de cada persoa de forma rápida e barata. Este proxecto está agora en mans de Roche e IBM, que están a desenvolver un secuenciador que permitirá ler e descifrar o ADN de forma rápida e económica.

5º) Creación de células nai sen substancias animais
. Ata agora, todas as células nai foran creadas con axuda de proteínas animais, o que descartaba o seu uso en humanos. Pero científicos suecos deron coa forma de crealas sen valerse de células animais, achegando a posibilidade de crear distintos tipos de células nai deseñadas para rematar con diversas enfermidades.

Síntese de Proteínas

No seguinte vídeo veremos unha explicación detallada do proceso metabólico da formación de proteínas nos ribosomas celulares.




Fracciones Algebraicas

Empezamos el estudio de las Fracciones Algebraicas realizando ejercicios de suma, resta, multiplicación y división de las mismas.
En el siguiente vídeo veremos la resolución explicada de una suma de fracciones. 



domingo, 11 de diciembre de 2011

Repaso Teoría Cinética de la Materia



Os adjunto un enlace donde podréis repasar conceptos importantes de esta teoría mediante interesantes animaciones con sus explicaciones correspondientes. Espero que os sea de ayuda. 


Aparato Respiratorio


O aparato respiratorio é o encargado de captar osíxeno O2 e eliminar o dióxido de carbono CO2 procedente do metabolismo celular.
No seguinte vídeo facemos un percorrido polo interior do noso aparato respiratorio vendo como funciona e as súas partes.




ADN: Duplicación




O proceso de replicación de ADN é o mecanismo que permite ao ADN duplicarse (é dicir, sintetizar unha copia idéntica). Deste xeito dunha molécula de ADN única, obtéñense dous ou máis "clons" da primeira. As dúas cadeas complementarias do ADN orixinal, ao separarse, serven de molde cada unha para a síntese dunha nova cadea complementaria da cadea molde, de forma que cada nova dobre hélice contén unha das cadeas do ADN orixinal.

Grazas á complementariedade entre as bases que forman a secuencia de cada unha das cadeas, o ADN ten a importante propiedade de reproducirse identicamente, o que permite que a información xenética se transmita dunha célula nai ás células fillas e é a base da herenciadel material xenético.

A molécula de ADN ábrese como unha cremalleira por ruptura das pontes de hidróxeno entre as bases complementarias liberándose dúas febras e a ADN polimerasa sintetiza a metade complementaria engadindo nucleótidos que se encontran dispersos no núcleo. Desta forma, cada nova molécula é idéntica á molécula de ADN inicial.

viernes, 9 de diciembre de 2011

O ADN: a súa Estrutura

Comenzamos o Tema 4 en Bioloxía de 4º, estudando a estrutura dunha molécula de ADN. No seguinte vídeo podemos ver (subtitulado español) dun xeito moi claro como é o ADN estructuralmente.


jueves, 8 de diciembre de 2011

Foto do día



FOTO SATÉLITE: Os cultivos de trigo, cebada, froita e verduras inundan a paisaxe de Aragón e Cataluña. A forma circular destes campos agrícolas débese ao sistema de rego empregado, consistente nun pozo perforado no centro de cada círculo que abastece de auga ao cultivo mediante aspersores rotatorios.

Física 4º ESO: Fuerzas y Dinámica

La dinámica es la parte de la física que describe la evolución en el tiempo de un sistema físico en relación con las causas que provocan los cambios de estado físico y/o estado de movimiento. 
El objetivo de la dinámica es describir los factores capaces de producir alteraciones de un sistema físico, cuantificarlos y plantear ecuaciones de movimiento o ecuaciones de evolución para dicho sistema de operación.


Dinámica from Rech516 on Vimeo.

Dilatación Anómala del Agua


El agua sólida, es decir, el hielo, flota sobre el agua líquida. Esta es una propiedad muy extraña en la naturaleza, pero que es crucial en un planeta cubierto de agua como el nuestro: la dilatación anómala.

La experiencia nos dice que, cuando calentamos un cuerpo, se dilata y, cuando lo enfriamos, se contrae. Pero con el agua esto no sucede así. Cuando el agua se congela, se dilata. Es decir, aumenta de volumen: una masa de hielo tiene mayor volumen que la misma masa de agua. Este hecho se denomina dilatación anómala del agua.

La densidad del agua varía con la temperatura, de forma que la densidad máxima (1 g/cm3) corresponde al agua líquida a una temperatura de 3,98 ºC. El hielo es menos denso. También es menos densa el agua más caliente.

Gracias a la dilatación anómala del agua es posible la vida en los ecosistemas acuáticos. En un lago de montaña, por ejemplo, al llegar el invierno, el agua se congela. Pero como el hielo flota, solo se congela una delgada capa de agua, que queda en la superficie. El agua por debajo está muy fría, pero el hielo la aísla de las bajas temperaturas del exterior y así no llega a congelarse. Gracias a esto, las plantas y los animales acuáticos pueden sobrevivir en invierno. En la naturaleza, normalmente, siempre hay agua líquida bajo el hielo.




martes, 6 de diciembre de 2011

Repaso: A DIXESTIÓN

Déixovos este vídeo, onde se repasan os procesos implicados así como os órganos e substancias que interveñen na función de Nutrición.


Estrutura do ADN

No Tema 4 de Bioloxía en 4º de ESO estudaremos a estrutura dunha molécula de ADN, así como unha rama da Bioloxía a: BIOTECNOLOXÍA.


Como introducción ao Tema, déixovos este vídeo onde nos explican dun xeito resumido a Estrutura dunha molécula de ADN.


Factorizamos otro Polinomio

En el siguiente vídeo podemos ver la resolución explicada de la factorización del Polinomio: 


P(x)=X8 + x7 – 3x6 – x5 + 2x4