SLIDER

jueves, 30 de agosto de 2012

Achan azucre no gas que rodea a unha estrela



Un grupo de astrónomos detectou moléculas de azucre presentes no gas que rodea a unha estrela nova, similar ao sol. 
Fixérono usando o radiotelescopio ALMA (the Atacama Large Millimeter/submillimeterArray) do Observatorio Europeo Austral (ESO). Trátase da primeira vez que descobre azucre no espazo ao redor dunha estrela destas características.

Un dos autores do traballo, Jes Jorgensen, indicou que "esta molécula é un dos ingredientes na formación do ácido ribonucleico (ARN), un dos ingredientes fundamentais para a vida".

Ademais, outra das investigadoras...ler máis.

domingo, 19 de agosto de 2012

Os retretes de Bill Gates



Un retrete pode chegar a gastar 60 litros de auga de media ao día e na maioría das ocasións a cantidade usada é desproporcionada ao que se pretende mandar polo desaugadoiro. Se se multiplica o gasto por un ano a cifra escápase das mans, sobre todo nun mundo onde só unha parte da poboación pode dar renda solta ao capricho de tirar da cisterna cando lle vén en gana. Un luxo caro se a auga escasea cada vez máis.

O filántropo Bill Gates decidiu iniciar unha cruzada contra este dispendio, e cunha das súas fundacións, 'Impatient Optimists', púxose en marcha á busca dun WC máis sostible. Para iso, convocou o pasado martes á comunidade científica á primeira 'Feira da Reinvención do Retrete', en Seattle.

O obxectivo do tan inédito certame non era outro que o de fomentar o deseño dun inodoro que gastase o menos posible sen deixar de cumprir decentemente coa súa función. Tamén se valoraba que o retrete tivese funcións adicionais, sobre todo se estaban relacionadas coa reciclaxe. E os premiados recibiron suculentas cantidades para que os seus inventos non quedasen en 'auga de borraxes'.

O asunto é máis serio do que pode parecer, e así afirmouno Gates: "Aproximadamente 2.500 millóns de persoas no mundo non teñen acceso...ler máis.


A bicicleta de cartón, unha nova forma de viaxar coidando o medioambiente



O emprendedor israelí Izhar Gafni conseguiu construír unha bicicleta de cartón resistente coa que espera revolucionar o sector do medio de transporte ecolóxico por antonomasia. Espérase que o produto se converta nun medio que apenas requira mantemento.

"Trátase dunha bicicleta urbana, a máis sinxela que poidas imaxinar, pero suficientemente resistente como para converterse nun bo medio de transporte", explica Izhar Gafni, o inventor deste novo medio de transporte. Ademais de barata, a bicicleta fabricada con cartón é lixeira, forte, resistente á auga e a humidade, impermeable ao óxido e pode soportar ata 140 quilos de peso.

O seu chasis está elaborado completamente de cartón recuberto dun material impermeable de cor marrón e branco, polo tanto, o rematado é que pareza un vehículo de plástico.

O dispositivo pode ser dobremente ecolóxico xa que pode elaborarse igualmente con cartón de reciclaxe. Outra vantaxe é que non precisa...ler máis.



martes, 14 de agosto de 2012

Imaxe do día

Foto do 12 de Agosto de 2012

As Perseidas, popularmente coñecidas como as Bágoas de San Lorenzo, son unha chuvia de meteoros de actividade alta.
Non é a maior chuvia de meteoros, pero si a máis popular e observada no Hemisferio Norte debido a que transcorre en agosto, mes de bo tempo e vacacional por excelencia.

O seu período de actividade é longo e esténdese entre o 16 de xullo e o 24 de agosto. O seu máximo é o 11 de agosto o que o converte na terceira maior chuvia do ano.

Son meteoros de velocidade alta (59 km/s) que radian da constelación de Perseo ou Perseus.

As Perseidas son tamén coñecidas co nome de bágoas de San Lorenzo, porque o 10 de agosto é o día deste santo. Na Idade Medieval e o Renacemento as Perseidas tiñan lugar a noite en que se lle recordaba, de tal maneira que se asociaron coas bágoas que verteu San Lorenzo ao ser queimado na cacharela.

O rexistro máis antigo que se ten da actividade das Perseidas é do ano 36 d. C





Dinámica Plano Inclinado

En los siguientes vídeos, podréis repasar los conceptos fundamentales para poder resolver ejercicios de plano inclinado. Buen repaso.




En este caso, no hay plano inclinado, pero la fuerza que arrastrará el sistema es aplicada con un determinado ángulo de inclinación.


Ecuaciones Logarítmicas

ECUACIONES CON LOGARITMOS: Que son? Cómo se Resuelven?...y más en los siguientes vídeos:




Ecuaciones Exponenciales

Os dejo un vídeo donde explican que son las ecuaciones exponenciales, así como resuelven dos de ellas, explicando cada uno de los pasos. Buen repaso.



Otro más...


viernes, 10 de agosto de 2012

Tema 2. A división celular

Preguntas de exame do libro de texto.

Páxina 23. (Actividade 1). Que é o ADN?. Cal é a súa función?.

É un ácido nucleico que contén as instrucións xenéticas utilizadas no desenvolvemento e o funcionamento de todos os organismos vivos coñecidos e algúns virus. 
A función principal das moléculas de ADN é o almacenamento a longo prazo da información xenética do individuo, permitíndolle desenrolarse e formar as proteinas necesarias para o mantemento da vida.

Páxina 23. (Actividade 5). Define: CROMÁTIDA - CENTRÓMERO - CARIOTIPO - CROMOSOMA HOMOLÓGO - XENONA.

CROMÁTIDA: A cromátida é unha das unidades lonxitudinais dun cromosoma duplicado, unida ao seu cromátida irmá polo centrómero, é dicir, a cromátida é toda a parte á dereita ou á esquerda do centrómero do cromosoma.


CENTRÓMERO: É a zona pola que o cromosoma interacciona coas fibras do fuso acromático dende profase ata anafase, tanto en mitose coma en meiose, e é responsable de realizar e regular os movementos cromosómicos que teñen lugar durante estas fases .


CARIOTIPO: O cariotipo é o patrón cromosómico dunha especie expresado a través dun código, que describe as características dos seus cromosomas.


CROMOSOMA HOMOLOGO: Un cromosoma homólogo é cada cromosoma dun par que existen dentro do organismo eucariótico diploide, e que realizan un entrecruzamento cromosómico entre si durante a meiose.


XENOMA: O xenoma é a totalidade da información xenética que posúe un organismo en particular e que codifica para el.


Páxina 25. (Actividade 1). Que é o ciclo celular?. En que periodos se divide?.

O ciclo celular é un conxunto ordenado de sucesos que conducen ao crecemento da célula e a división en dúas células fillas.
A célula pode encontrarse en dous estados claramente diferenciados:
  • (1) - O estado de non división ou interfase. A célula realiza as súas funcións específicas e, se está destinada a avanzar á división celular, comeza por realizar a duplicación do seu ADN.
  • (2) - O estado de división, chamado fase M.

(1) - Interfase

É o período comprendido entre divisións celulares. É a fase máis longa do ciclo celular, trascurre entre dúas mitoses e comprende tres etapas:
  • Fase G1: É a primeira fase do ciclo celular, na que existe crecemento celular con síntese de proteínas e de ARN. É o período que trascurre entre o fin dunha mitose e o inicio da síntese de ADN. A célula duplica o seu tamaño e masa debido á continua síntese de todos os seus compoñentes, como resultado da expresión dos xenes que codifican as proteínas responsables do seu fenotipo particular. 

  • Fase S: É a segunda fase do ciclo, na que se produce a replicación ou síntese do ADN, como resultado cada cromosoma duplícase e queda formado por dúas cromátidasidénticas. Coa duplicación do ADN, o núcleo contén o dobre de proteínas nucleares e de ADN que ao principio. 

  • Fase G2: É a terceira fase de crecemento do ciclo celular na que continúa a síntese de proteínas e ARN. Ao final deste período obsérvase ao microscopio cambios na estrutura celular, que indican o principio da división celular. Remata cando a cromatina empeza a condensarse ao inicio da mitose.

(2) - Fase M (mitose e citocinese)

É a división celular na que unha célula proxenitora se divide en dúas células fillas idénticas. Esta fase inclúe a mitose, á súa vez dividida en: profase, metafase, anafase, telofase; e a citocinese, que se inicia xa na telofase mitótica. Se o ciclo completo durase 24 h, a fase M duraría arredor de media hora (30 minutos).




Tema 3. Aparatos dixestivo e respiratorio

Preguntas de exame do libro de texto.

Páxina 46. (Actividade 13). Que é máis fluído, o bolo alimenticio ou o quimo?. Por que?. Cal dos dous contén máis encimas dixestivos?.

O quimo é máis fluido porque ao bolo alimenticio engádeselle o zume gástrico. 
O quimo ten dous encimas: a amilase, procedente da saliva, e a pepsina.

Páxina 57. (Actividade 3). Describe a función dos seguintes compoñentes da saliva: auga; mucosidade; amilase e lisozima.

AUGA: favorece a disolución dos alimentos.
MUCOSIDADE: lubrica e facilita a deglutición.
AMILASE: degrada o amidón.
LISOZIMA: destrúe parte das bacterias que se inxiren coa comida.

Páxina 57. (Actividade 11). Nomea os encimas que interveñen na dixestión das proteínas e indica a súa procedencia.

En primeiro lugar intervén a Pepsina contida no zume gástrico. A súa acción permite romper as proteínas en moléculas mais pequenas. Sobre estas actúa a Tripsina do zume pancreático. Como resultado fórmanse fragmentos peptídicos pequenos. Por último, intervén a Erepsina, que se atopa no zume intestinal, obténdose os aminoácidos libres.

jueves, 9 de agosto de 2012

Achan tres fósiles dunha nova especie de homínido nun depósito de Kenya

O leste de África estivo habitado por tres especies de homínidos ao comezo da evolución humana, o Homo Erectus, o Homo Habilis e unha terceira especie recén descuberta a partir do achado de tres fósiles nun depósito de Kenya.

O descubrimento, do que informa a revista 'Nature', é obra dun equipo de científicos do Instituto 'Max Planck' de Antropoloxía Evolutiva de Alemaña e bota nova luz sobre os primeiros momentos da evolución humana tras a escisión dos primates.

Os fósiles, un cranio case completo e dúas mandíbulas inferiores, pertenceron a tres individuos diferentes que viviron hai uns 1,95 millóns de anos, durante o Paleolítico Inferior, e se conservan en bo estado, segundo explicou Fred Spoor, paleontólogo e coautor do artigo xunto á tamén paleontóloga Meave Leakey, do 'Turkana Basin Institute de Nairobi', en Kenya.

En concreto, trátase da cara e algúns dentes dun neno...ler máis.





miércoles, 8 de agosto de 2012

Ejercicios resueltos de Gases

Os dejo tres ejercicios resueltos correspondiente al Tema 2, "Comportamiento de los Gases". Se trata de un ejercicio del Boletín y dos ejercicios del examen propuesto durante el curso.




martes, 7 de agosto de 2012

Gases Ideales, moles, moléculas y átomos

A partir de la ecuación de los gases ideales (P·V = n·R·T), en este ejercicio repasamos su aplicación para el cálculo de parámetros fundamentales en química, es decir, moles, moléculas y átomos. Muy interesante.


Ley de Charles

En 1787, Jack Charles estudió por primera vez la relación entre el volumen y la temperatura de una muestra de gas a presión constante y observó que cuando se aumentaba la temperatura el volumen del gas también aumentaba y que al enfriar el volumen disminuía.

Ejercicio de aplicación.



Ley de Gay Lussac

La ley de Gay-Lussac establece que si el volumen de una cierta cantidad de gas a presión moderada se mantiene constante, el cociente entre presión y temperatura (Kelvin) permanece constante.

Ejercicio de aplicación, resuelto y explicado.


Ley de Boyle - Mariotte

Fue descubierta por Robert Boyle en 1662
Edme Mariotte también llegó a la misma conclusión que Boyle, pero no publicó sus trabajos hasta 1676. 
Esta es la razón por la que en muchos libros encontramos esta ley con el nombre de Ley de Boyle y Mariotte.

La ley de Boyle establece que la presión de un gas en un recipiente cerrado es inversamente proporcional al volumen del recipiente, cuando la temperatura es constante.


Ejercicio de aplicación. Resuelto y explicado.


lunes, 6 de agosto de 2012

Usain Bolt


Usain St. Leo Bolt (Sherwood Content, parroquia de Trelawny, Xamaica, 21 de agosto de 1986), proclamouse onte Campión Olímpico dos 100 metros lisos, cunha marca de 9.64 segundos, o cal representa un novo Record Olímpico.

Unha estatura (1,96) impropia dun velocista, pero cunha frecuencia de zancada igual aos de 1,80. Só que a súa alcanza os 2,70 metros. Á súa máxima velocidade chega a pasar dos 12 metros por segundo

Un prodixio da natureza, aínda que cun defecto que o fai sufrir: ten unha perna centímetro e medio máis corta que outra, o que o provoca unha desviación de columna.

Cando alcanzou a súa velocidade tope (45 Km/h) mantívoa durante 30 metros, o que representa unha aceleración constante durante 70 metros, cun valor aproximado de 26,22 m/s2





O 'Curiosity' aterra con éxito na superficie marciana

O vehículo robotizado 'Curiosity' aterrou na superficie de Marte ás 7.30 horas na España peninsular, segundo informou a NASA a través dun comunicado.


O vehículo despegou a bordo dun foguete non tripulado Atlas 5 o pasado 26 de novembro e, ao longo destes nove meses, percorreu ao redor de 60 millóns de quilómetros.



Más vídeos en Antena3