SLIDER

viernes, 30 de noviembre de 2012

Que é a MATERIA ESCURA?

Esta pregunta foi formulada por un alumno de 4º A de ESO. Para unha mellor aclaración vexamos un vídeo...pica na imaxe



martes, 27 de noviembre de 2012

Códices no Gaiás


Códices propón unha inmersión nunha Idade Media afastada dos tópicos oscurantistas; unha Idade Media de luminosidade e desenvolvemento cultural, de miniaturas, imaxes, cores, manuscritos e imprentas... Folios e pergameos que traslucen toda unha organización social, económica e política. A viaxe levará ao visitante polas principais mostras de códices e libros medievais entre os séculos X e XV, con exemplares únicos en Europa, como o Códice Calixtino e os diversos tombos, o primeiro libro impreso en Galicia, caso do Misal Auriense, ou magníficas copias miniadas, como a Legenda Maior ou o Pasionario Tudense.

Aquí (PICA) tedes unha mostra dos códices que poderemos ver.


Gallaecia Petrea: Exposición no Gaiás

Gallaecia Petrea propón un percorrido pola presenza da pedra na cultura galega, desde as súas orixes ata a actualidade,
Dende o momento en que é elemento básico na definición da paisaxe ata as creacións culturais máis recentes.



Aquí tedes o enlace da exposición (PICA AQUÍ)


domingo, 25 de noviembre de 2012

Saída Cultural. Museo do Pobo galego

Unha das visitas que realizaremos será ao Museo do Pobo Galego. Nel atópase unha mostra de arquitectura fascinante, a sua escaleira helicoidal.

No antigo convento de San Domingos de Bonaval construído entre 1685 e 1715, encóntrase no ángulo noroeste, a tripla escaleira helicoidal, que pola súa técnica e audacia estrutural dá boa mostra do virtuosismo arquitectónico de Domingo de Andrade

Nun mesmo oco se desenvolven tres ramplas independentes, que conducen aos diferentes pisos; só unha delas coroa no miradoiro que domina a cidade. Os chanzos da escaleira, dunha peza enteira, están suxeitos por un nervio exterior, sen necesidade de encaixar no muro nin de unirse uns con outros. 

Esta escaleira está considerada por propios e estraños como un dos elementos máis singulares do patrimonio arquitectónico de Compostela.

Se picas na imaxe poderas acceder a unha panorámica da mesma. Moi interesante.



Fracciones Algebraicas. Ejercicio resuelto

Haz clic en la imagen para ampliarla


Tema 3 Bioloxía 3º ESO - ACTIVIDADES ONLINE

Déixovos un enlace ( PICA NA IMAXE ) onde poderedes realizar unha serie de actividades relacionadas tanto co aparato dixestivo e respiratorio
Resulta unha boa ferramenta de repaso.




Dinosaurios IBÉRICOS

Nunha reportaxe do programa Tres14, paleontólogos como José Luis Sanz e Francisco Ortega, fálannos dos depósitos máis importantes da penínsulaÁngel Galobart e Bernat Vila fálannos do uso de técnicas láser para localizar pegadas e fósiles.

PICA NA IMAXE para acceder á reportaxe.



Achado en Ourense un fento que se cría extinguido en España


Parece un trevo de catro follas, deses que din que dan boa sorte, pero é un fento acuático caprichoso e moi vulnerable, cun ciclo biolóxico extremadamente delicado. 
Pide encharcarse de auga durante uns cantos meses ao ano e quere aire e sol o resto do tempo para que maduren os seus esporocarpos e así poder reproducirse. A Marsilea quadrifolia aparece no Atlas e Libro Vermello da Flora Vascular Ameazada de España (2004) e ata agora, polo menos, era unha especie que se consideraba totalmente extinguida en estado silvestre da face do país. O sorprendente é que...ler máis.

Cando o noso SOL se apague...

O noso Sol, o que agora nos ilumina e nos dá calor, será probablemente quen acabe coa vida na Terra dentro de miles de millóns de anos. O xornalista experto en ciencia José Manuel Nieves explica no seu videoblog «Materia Escura» como se producirá ese final e quen será os últimos superviventes.

No seguinte vídeo atoparedes algunhas respostas. PICA NA IMAXE.


Tema 3 FÍSICA 4º ESO - FUERZAS

En el Tema 3 de Física de 4º de ESO, estudiamos las Fuerzas
Empezamos el tema con el estudio de la Ley de Hooke, la cual nos relaciona la deformación de un muelle cuando sobre éste aplicamos una determinada fuerza.

Ejercicio resuelto.



Raíces de un Polinomio

Veamos como se calculan las raíces (o ceros) de un polinomio mediante dos ejemplos.




Power Tema 3 Bioloxía 3º ESO

Déixovos o Power Point do Tema 3 de Bioloxía de 3º de ESO, "Aparatos Dixestivo e Respiratorio".

É unha boa ferramenta de repaso.



Resta de fracciones algebraicas

Ejercicio resuelto.


Fracciones Algebraicas

Os dejo un ejercicio resuelto de una división de fracciones algebraicas.


jueves, 22 de noviembre de 2012

Foto do Día


Este polbo morado sen identificar é un das 11 novas especies encontradas durante unha expedición a altas profundidades na costa atlántica de Canada en Xullo de 2010.

A expedición de 20 días de duración tiña como obxectivo descubrir a relación entre as corais de auga fría e outro tipo de criaturas do fondo mariño, nun ámbito "alien", aínda por estudar.


Saída Cultural: 28 de Novembro

O vindeiro mércores 28 de Novembro, realizaremos a saída cultural do primeiro trimestre; unha das visitas que realizaremos será á Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Concibida como un polo cultural de grande envergadura, dedicado ao coñecemento e a creatividade contemporánea, a Cidade da Cultura de Galicia perfilouse desde as súas orixes como un instrumento que, conxugando pasado e futuro, permitise a Galicia abordar de maneira integral un ámbito estratéxico para o seu desenvolvemento: o da cultura.

Déixovos o vídeo promocional do edificio... Para ir coñecéndoo.


O corredor máis veloz do Planeta, a cámara lenta

Os guepardos son os corredores máis rápidos do planeta. Grazas á combinación dos recursos da National Geographic e o zoolóxico de Cincinnati, e baseándose na experiencia dun equipo de película de acción de Hollywood, púidose documentar estes felinos incribles dun xeito nunca visto.


Cheetahs on the Edge--Director's Cut from Gregory Wilson on Vimeo.

Unha mancha solar dez veces o tamaño da Terra



A sonda Soho da NASA captou un grupo de manchas solares, chamado AR 1618, que apenas era visible hai tan só uns días sobre a superficie do Sol, pero que agora adquiriu un tamaño xigantesco dez veces superior ao da Terra

A mancha xa soltou algunha labarada de clase M, unha explosión de enerxía de tamaño medio, pero a Administración Nacional Oceánica e Atmosférica de EUA (NOAA, polas súas siglas en inglés) advertiu da posibilidade de que este fenómeno produza a enerxía suficiente para emitir fortes labaradas solares de clase X (as máis potentes) nas próximas horas, segundo informa SpaceWeather. 

A posibilidade de que unha destas erupcións apunte directamente cara á Terra é alta, xa que a mancha está enfrontada cara a nós.

O observatorio espacial STEREO da NASA captou...ler máis.

Cranio de Rinoceronte de 9,2 Ma


O cranio preservouse durante 9,2 millóns de anos despois de que o animal «se cocese ata a morte» nunha erupción.

Menos do 2% dos fósiles da Terra presérvanse en rocha volcánica, pero os investigadores identificaron un novo: o cranio dun rinoceronte morto nunha erupción volcánica hai 9,2 millóns de anos. O achado descríbese nun artigo publicado en PLoS ONE.

O fósil, achado en Turquía, pertence a un gran rinoceronte de dous cornos común na zona do Mediterráneo Oriental durante ese período. Segundo os investigadores, as características inusuais do cranio conservado suxiren que o animal foi «cociñado ata a morte» a temperaturas que poderían terse achegado aos 500 ° C, nun fluxo volcánico similar á da erupción do Monte Vesubio en Italia no ano 79.

A espantosa morte do rinoceronte foi case instantánea...ler máis.

Vida en Marte?



O principal investigador da misión do Curiosity anuncia que o rover realizou un descubrimento que, de confirmarse, «cambiará os libros de historia». A NASA comunicará os seus resultados en decembro.

A noticia máis esperada polo mundo científico podería estar a punto de converterse en realidade. John Grotzinger, o investigador principal da misión Curiosity, acaba de anunciar nunha entrevista radiofónica que os instrumentos do rover realizaron un descubrimento que «cambiará os libros de historia. Os datos son... prometen realmente moito».

Non obstante, o científico asegurou que pasarán aínda algunhas semanas antes de que a NASA realice un dos maiores anuncios da súa historia. Segundo declarou o propio Grotzinger a Universe Today, «teremos unha conferencia o próximo 3 de decembro para discutir os nosos resultados».

Ese día inaugúrase, en efecto, a conferencia anual...ler máis.

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Leyes de los Gases. Ejercicios

Os dejo tres ejercicios resueltos de las leyes de los gases, donde en cada uno de ellos mantenemos un factor constante.



martes, 20 de noviembre de 2012

Inspiración e Expiración

Os movementos da respiración (ventilación pulmonar) son os movementos dos pulmóns que permiten a entrada e saída de aire dos pulmóns. Estes movementos realízanse grazas a dous grupos de músculos: os intercostais e o diafragma.

Vexamos un vídeo explicativo.




Alvéolos: Intercambio de gases

Nos alvéolos realízase o intercambio de gases (O2 e CO2) entre o aire que hai no interior dos alvéolos e o sangue que circula polos capilares sanguíneos. 

O intercambio de gases acontece mediante un proceso físico chamado difusión, que consiste en que as moléculas se desprazan dende onde hai máis concentración onde hai menos.

Vexamos un vídeo



Teorema del Resto. Aplicación

Utilizando el Teorema del Resto (y posteriormente también aplicando Ruffini) obtendremos el valor del coeficiente de una de las x (k) de un polinomio para que la división entre (x+2) sea exacta. 


O Cenozoico

O Cenozoico é a última gran era da Terra, onde aparecen seres vivos moi similares aos actuais, entre eles especies de homínidos primitivos. Unha serie documental titulada "CAMINANDO ENTRE LAS BESTIAS" fainos un repaso polos acontecementos tanto xeográficos coma biolóxicos, mais salientables dos derradeiros millons de anos da historia da Terra.

Déixovos a primeira parte desta interesante serie documental.


jueves, 15 de noviembre de 2012

"24 HORAS DESPOÍS DO IMPACTO DO ASTEROIDE"

Todos sabemos que hai 65 Ma, un meteorito chocou contra a Terra, o que provocou a extinción dos dinosauros e permitiu o avance dos mamíferos, de nós. Pero como foi ese día? Ese día no que o ceo se abriu e choveu lume. Que pasou neses primeiros minutos, nesas primeiras horas? Por que sobreviviron algúns animais cando a maioría morreu?.

Estas e outras preguntas teñen resposta nun documental de National Geographic, titulado 
"24 horas despoís do impacto". Déixovos a primeira parte do mesmo. (pica na foto)





miércoles, 14 de noviembre de 2012

Teoría Cinética de los Gases. RESUMEN

TEORÍA - Síntesis


APLICACIONES


ECLIPSE TOTAL DE SOL 13 DE NOVEMBRO (Australia)


Problema de "persecución" CINEMÁTICA

Os dejo la resolución de un problema de Física de 4º. En el podéis ver la resolución del mismo utilizando el método de comparar los tiempos de los dos móviles mediante una ecuación.




Problema de "encuentro" CINEMÁTICA

Os dejo la resolución de un problema de Física de 4º. En el podéis ver la resolución del mismo utilizando el método de comparar los tiempos de los dos móviles mediante una ecuación





Repasamos Ruffini

El método de Ruffini se aplica para realizar divisiones de polinomios de una forma concreta: solo se puede aplicar a divisiones donde el DIVISOR sea de la forma (x + a) o (x - b).

Un ejemplo explicado:


martes, 13 de noviembre de 2012

Os Encimas

Os encimas son un grupo de compostos orgánicos de natureza en xeral proteica, con actividade intra ou extracelular que teñen funcións catalíticas, catalizando reaccións químicas, que, sen a súa presenza, serían imposibles ou non poderían ter lugar á velocidade axeitada.

Isto conséguese a través da diminución da enerxía de activación precisa para que se dea unha reacción química, resultando no aumento da velocidade desta e posibilitando así o metabolismo dos seres vivos.

A súa importancia na dixestión dos alimentos é fundamental,
xa que sen eles, as macromoléculas dos alimentos non poderian fragmentarse en moléculas máis sinxelas, para que así o noso corpo as poida  asimilar.







APARATO DIXESTIVO

Comezamos en 3º de ESO o tema 3, extudando tanto a anatomía como a fisioloxía do aparato dixestivo.

O aparato dixestivo é o conxunto de órganos dos animais multicelulares que permite a inxestión de alimento, a súa dixestión para obter enerxía e nutrientes, e excretar os refugallos sobrantes non necesarios. 
Deste xeito, as funcións principais do aparello dixestivo son a inxestión, dixestión, absorción e defecación.




O ámbar: un rexistro fósil

O ámbar é unha pedra preciosa feita de resina vexetal fosilizada proveniente principalmente de restos de coníferas e algunhas anxiospermas.

En moitas ocasións, a resina, ao escorrer sobre a codia de madeiros e ramas, chegou a atrapar burbullas de aire, gotas de auga, partículas de po ou pequenos seres vivos como plantas (orquídeas, fungos, mofos, líques, sementes e unha morea de flores diminutas), insectos, vermes e outro tipo de animais que van dende diminutas formigas, arañas, mosquitos, abellas, térmites, bolboretas e libélula ata lagartas, ras e escorpións, quedando gardados e preservados, como inclusións fósiles deshidratadas, pero sen o encollemento que normalmente causan as deshidratacións, conservándose de tal forma que a súa estrutura celular e ata fragmentos do seu ADN poden encontrarse na actualidade.






domingo, 11 de noviembre de 2012

ECLIPSE TOTAL DE SOL



O fenómeno ocorrerá o 13 de novembro e só apreciarase en Australia, Nova Zelanda, Pacífico Sur, Antártida e sur de Sudamérica
En España poderase seguir por internet.

O máximo do eclipse producirase ás 23:11 horas peninsular, en pleno Océano Pacífico e terá unha duración de 4 minutos e 2 segundos, co Sol a 68 grados sobre o horizonte, segundo o Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC).

Un eclipse solar ten lugar cando a Lúa pasa entre o Sol e a Terra e oculta, de forma parcial ou total o Sol. Ler máis...

Dentes de sabre e osos - can en Madrid



Unha investigación describe como convivían os depredadores no centro da península fai 9 millóns de anos.

Fai 9 millóns de anos, o que agora é a provincia de Madrid era un terreo de caza para distintos grandes carnívoros que se repartían o hábitat e as presas, aínda sen a presenza do ser humano. Estes mamíferos eran felinos dentes de
sabre e osos-can que, aínda que rivais, percorrían as mesmas zonas boscosas e pastizales...ler máis.

jueves, 8 de noviembre de 2012

Os Fósiles. Actualidade

A Palentoloxía é a ciencia que trata do estudo dos organismos desaparecidos, a partir dos seus restos fósiles, é dicir, dos restos mineralizados de seres vivos ou vestixios de vida de organismos que existiran durante a historia da vida na Terra.

É unha das ramas das Ciencias Naturais, que máis achazgos relevantes ten dado ao estudo de como foi tanto a vida no noso Planeta coma a súa propia historia.

É constante o descubrimento de fósiles de novas especies como por exemplo:




BERLÍN, ALEMAÑA (07/AGO/2012).- De "sensacional" cualificou hoxe o Museo Estatal de Ciencias Naturais en Stuttgart, Alemaña, o achado dun peixe-saurio que constitúe un novo xénero e tipo na súa clase, e que posibilita completar a cadea evolutiva desa especie.

O experto dese museo do estado de Baden Württenberg ,Rainer Schoch, declarou que ese habitante do mar existiu hai 170 a 175 millóns de anos, e que só o cranio do animal mide 1.60 metros, cuxo corpo mide 7.5 metros de lonxitude. Ler máis...

Ley de los Gases Ideales

Cuando un gas cumple las tres leyes de los gases: Ley de Boyle, Ley de Guy-Lussac y Ley de Charles; entonces se dice que el gas es ideal.

El comportamiento de un gas ideal viene definido por la expresión:
P·V = n · R · T

Para que podáis ver dos aplicaciones de esta fórmula, fijaros en el siguiente vídeo:


Xeocronoloxía

¿Que idade ten o noso Planeta?...

A esta pregunta responde unha rama da Xeoloxía, chamada Xeocronoloxía

A Xeocronoloxía é a ciencia, que se encarga de determinar a idade absoluta de rochas, sedimentos e fósiles.

A xeocronoloxía é diferente á Bioestratigrafía, que se encarga de asignar as rochas sedimentarias a un período xeolóxico coñecido mediante a descrición, catalogación e comparación de asociacións animais e florais fósiles presentes na rocha. 
A biostratigrafía non proporciona directamente a idade dunha rocha, senón que a sitúa dentro do intervalo de tempo para o cal se coñece que esas asociacions fósiles existiron. (Método Relativo de datación)

A idade do noso Planeta cífrase en 4.600 Ma.

Vídeo


domingo, 4 de noviembre de 2012

Boletín Nº 1 Química 3º ESO - Gases Ideales

Os dejo el primer boletín de ejercicios de Química de 3º ESO. En el encontrareis ejercicios relacionados con el estudio de los Gases Ideales.

Para ver, descargar e imprimir.


Preguntas Exame da Teoría da Historia da Terra

Déixovos as preguntas correspondes aos apuntes teóricos da HISTORIA da TERRA. Para ver, descargar e imprimir.


sábado, 3 de noviembre de 2012

O Cráter máis antigo da Terra



Un equipo internacional de científicos descubriu (en Xuño de 2012) en Groenlandia un cráter de 100 km de diámetro provocado polo impacto dun asteroide ou un cometa hai 3.000 millóns de anos, mil millóns de anos antes que calquera outra colisión coñecida na Terra. 

É o máis antigo descuberto xamais no noso planeta.


A historia do Planeta en 24 horas


Os Seres Humanos, só levamos 1 minuto sobre o Planeta...

viernes, 2 de noviembre de 2012

Actividades On-line Tema 2 Bioloxía 3º ESO


Déixovos un enlace, onde poderedes repasar distintos conceptos estudados no Tema 2 de Bioloxía de 3º ESO, mediante a resolución e corrección online dunha serie de actividades.

Para acceder ás actividades pica na foto.


Actividades On-line Tema 2 Xeoloxía 4º ESO

Déixovos un enlace, onde poderedes repasar distintos conceptos estudados no Tema 2 de Xeoloxía de 4º ESO, mediante a resolución e corrección online dunha serie de actividades.

Para acceder ás actividades pica na foto.


Para pensar...


Leyes de los Gases Ideales

Las Leyes de los Gases Ideales, explican el comportamiento de los mismos a distintas condiciones de Temperatura, Volumen y Presión, siempre y cuando una de ellas permanezca constante. 

Son tres:

1ª) LEY DE BOYLE - MARIOTTE 

La Ley de Boyle-Mariotte (o Ley de Boyle), formulada por Robert Boyle y Edme Mariotte, es una ley que relaciona el volumen y la presión de una cierta cantidad de gas mantenida a temperatura constante.
La ley dice que el volumen es inversamente proporcional a la presión, si la temperatura permanece constante.


EJERCICIO




2ª) LEY DE CHARLES

La Ley de Charles y Gay-Lussac, relaciona el volumen y la temperatura de una cierta cantidad de gas ideal, mantenido a una presión constante.
Esta ley dice que para una cierta cantidad de gas a una presión constante, al aumentar la temperatura, el volumen del gas aumenta y al disminuir la temperatura el volumen del gas disminuye.

EJERCICIO



3ª) LEY DE GUY - LUSSAC

Si el volumen de una cierta cantidad de gas a presión moderada se mantiene constante, el cociente entre presión y temperatura (Kelvin) permanece constante. Esta ley fue enunciada en 1800 por el físico y químico francés Louis Joseph Gay-Lussac.

EJERCICIO


A Nosa historia nun minuto...



"Our Story in 1 Minute".


Documental "Os Alimentos do Futuro"

O programa "Tres14" de la2 de TVE, emitiu unha reportaxe sobre o futuro da nosa alimentación.
Resulta moi interesante para saber qué comeremos no futuro.

Para ver o documental pica na Foto.


FOTO DO DÍA


Poliño en Sri Lanka (India)


Curiosidade, en Sri Lanka fálanse varios idiomas, entre eles o Cingalés e o Támil; pois ben, neses dous idiomas Sri Lanka, escríbese:

En Cingalés:        ශ්‍රී ලංකා ප්‍රජාතාන්ත්‍රික සමාජවාදී ජනරජය

En Támil:  இலங்கை சனநாயக சோஷலிசக் குடியரசு

Alimentación Saudable


O vídeo presenta información básica sobre nutrición. Trata a relación entre a alimentación e enfermidades. Describe os nutrientes esenciais
Ademais presenta comida lixo que se debe evitar
, e dá suxestións de alimentación diaria.

Moi interesante para ter en conta na nosa alimentación e tamén para repasar conceptos estudados.




jueves, 1 de noviembre de 2012

Repaso. Os Nutrientes

Déixovos este vídeo onde podedes repasar conceptos estudados sobre os Nutrientes que necesita o noso corpo para poder realizar todas as suas funcións.


MCU. Ejercicio

Resolución del siguiente Problema:

Un cuerpo gira en un círculo de 80 cm de diámetro con velocidad constante de 72 km/h. ¿Cuál es su aceleración centrípeta expresada en m/s²?


Sistemas de Ec. Exponenciales

En el siguiente vídeo resuelven dos sistemas de ec. exponenciales, con distintos grados de complejidad.


O Big Bang

Para comprender mellor a Historia do noso Planeta, deberiamos retroceder ata o momento inicial de todo o noso Universo, o BIG BANG.

Na cosmoloxía física, o termo Big Bang ten tres significados relacionados. Refírese ós feitos observables da evolución do universo. Tamén é un modelo cosmolóxico no cal o universo estivo expandíndose dende hai 13,7 miles de Ma, a partir dun estado enormemente denso e quente. E por último úsase nun senso máis reducido para describir a explosión ocorrida no (ou cerca do) TEMPO CERO na historia do universo.

Para que vos fagades unha idea desta teoria, deixovos este vídeo onde a explican dun xeito conciso e claro.