SLIDER

sábado, 30 de noviembre de 2013

Power Point Tema 2 Química - Teoría Cinética

Os dejo el Power Point explicado en clases durante el Tema 2.


jueves, 28 de noviembre de 2013

Crean en Ourense un novo método para analizar as virtudes do mel

Desde o ano 2008 o Grupo de Investigación en Aerobioloxía e Apicultura da Universidade de Vigo colabora co Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia no estudo das características nutricionais e saudables do mel co obxectivo de favorecer, entre outras cuestións, a súa etiquetaxe.

Para analizar a viabilidade deste método no caso do mel galego, a investigadora Olga Escuredo realizou unha estadía na Universidade de Salamanca e traballou con Mª Inmaculada González-Martín, especialista na aplicación da espectrometría de infravermello próximo. “A medida con esta técnica é rápida pero para facela é preciso aplicar uns modelos matemáticos complexos. 
Unha vez realizados estes modelos a súa aplicación é sinxela”, explica a investigadora da Facultade de Ciencias do campus de Ourense

Concretamente, neste estudo analizaron con NIR 60 mostras de diferentes meles galegos e cotexaron os datos obtidos cos que xa se tiñan da súa análise no laboratorio coa metodoloxía química tradicional, para comprobar que eran similares. Na análise, apuntan os seus responsables, prestaron especial atención a compostos antioxidantes como os fenoles e os flavonoides, presentes no mel e noutros alimentos, obténdose bos resultados.


Un dispositivo Galego permite medir a contaminación a través do mofo



Unha empresa compostelá e a Universidade de Santiago desenvolven a nova ferramenta no proxecto europeo MossClone.
O denominado proxecto MossClone conta cun financiamento de 3,5 millóns de euros a través do Programa Ecoinnovación do VII Programa Marco da UE, e desenvólveo un consorcio interdisciplinar de expertos de grupos punteiros de investigación e pemes de seis países: Alemaña, España, Francia, Irlanda e Italia. A empresa Biovía Consultor Ambiental achega a súa experiencia na comercialización deste tipo de ferramentas ambientais innovadoras.

A saída ao mercado deste novo dispositivo de medida permitirá a obtención dunha ferramenta ambiental harmonizada para establecer criterios comúns de avaliación da calidade do aire ambiente, segundo as Directivas Europeas actuais e futuras. 

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) a contaminación atmosférica constitúe un risco ambiental para a saúde e estímase que causa ao redor de dous millóns de mortes prematuras ao ano en todo o mundo.

Que son as Varices?



As varices, tamén coñecidas como insuficiencia venosa periférica, son dilatacións das veas que, por diversas razóns, non cumpren correctamente a súa función de levar o sangue de retorno ao corazón e, polo tanto, que o sangue se acumula nelas, e dilátanse e volven tortuosas.

Habitualmente utilízase o termo varices para facer referencia ás que aparecen nas pernas, por ser as máis frecuentes, pero poden xurdir tamén noutras zonas do corpo como o esófago (varices esofáxicas), a rexión anal (hemorroides) ou nos testículos (varicocele).

A frecuencia con que aparecen depende de moitos factores, pero tendo en conta unicamente as que dan lugar a manifestacións clínicas, pódese considerar que entre un 10% e un 15% da poboación as padece, aumentando esta porcentaxe coa idade e o sexo, pois hai máis mulleres afectadas que homes.

Vasos Sanguíneos

Os vasos sanguíneos clasifícanse en tres grupos:

Arterias:
as arterias son as encargadas de levar o sangue dende o corazón aos órganos, carrexando o osíxeno (excepto nas arterias pulmonares, onde transporta sangue con dióxido de carbono) e os nutrientes. Este sangue denomínase arterial ou oxigenado na circulación maior e ten unha cor vermella intensa. Teñen as paredes grosas e lixeiramente elásticas, pois soportan moita presión. A musculatura das súas paredes permítelle aos vasos contraerse e dilatarse para controlar a cantidade de sangue que chega aos órganos.

Veas:
levan o sangue dende os órganos e os tecidos até o corazón e dende este aos pulmóns, onde se intercambia o dióxido de carbono co osíxeno do aire inspirado, (agás nas veas pulmonares, onde se transporta sangue oxigenada). Este sangue chámase venoso e é de cor máis escuro. Posúen válvulas unidireccionais que impiden o retroceso do sangue.

Capilares:
teñen a súa orixe na división progresiva das arterias en ramificacións cada vez máis pequenas até chegar aos vasos capilares, que posúen finísimas paredes, e a través dos cales pasan as células sanguíneas, do mesmo xeito que os gases respiratorios, os nutrientes e o resto das sustancias que transporta o sangue.


O Sangue

O sangue é un tecido líquido que circula polo sistema vascular sanguíneo dos animais vertebrados e que ten como función a manutención da vida do organismo
O sangue está constituído, en volume, por un 45% de células sanguíneas e un 55% de plasma

As células do sangue son de 3 tipos: hemacias (ou eritrocitos, glóbulos vermellos), leucocitos (ou glóbulos brancos) e plaquetas (ou trombocitos). 

O plasma, o compoñente líquido, está formado por un 90% de auga, 1% de substancias inorgánicas (como potasio, sodio, ferro, calcio, ...), 7% de proteínas plasmáticas (albumina, inmunoglobulinas e fibrinóxeno, principalmente) e 1% de substancias orgánicas non proteicas, residuos resultantes do metabolismo, hormonas (hormonas). Presenta disolvidos gases como osíxenodióxido de carbono. Debido á presenza da molécula da hemoglobina nas hemacias, nos animais vertebrados o sangue é de cor vermella.


lunes, 25 de noviembre de 2013

GCiencia. Nova páxina web Galega de Ciencia



A súa presentación é a seguinte:

GCiencia
é un novo medio de información e divulgación científica desde Galicia.

Cremos que Galicia ten un patrimonio de profesionais e centros de investigación que merece ser divulgado, dentro e fóra das nosas fronteiras.

Queremos achegar a ciencia a todos os públicos. E facelo desde unha perspectiva xornalística. Empregando a linguaxe audiovisual. E utilizando tres idiomas: Galego, castelán e inglés, para chegar ós públicos máis amplos a través da rede.

Para conquerilo, contamos e agradecemos o asesoramento de científicos de recoñecido prestixio, a través das nosas tribunas e do noso futuro Comité Asesor.

GCiencia é un proxecto creado e codirixido polos xornalistas Eduardo Rolland e Pablo López, que conta coa coordinación dixital de Alberto Quian e cun equipo de profesionais do xornalismo e do audiovisual.

GCiencia quere ser o portal da ciencia galega. Un escaparate da investigación de Galicia cara ó mundo.


Pica na Imaxe para acceder á Web.


Tamén podedes atopar o enlace na sección "Enlaces de Interese" do blog.

Teoría Cinética Molecular.

Según éste modelo de materia, todo lo que vemos está formado por unas partículas muy pequeñas, que son invisibles aún a los mejores microscopios y que se llaman moléculas. Las moléculas están en continuo movimiento y entre ellas existen fuerza atractivas, llamadas fuerzas de cohesión. Las moléculas al estar en movimiento, se encuentran a una cierta distancia unas de otras. Entre las moléculas hay espacio vacío.

En el ESTADO SOLIDO las moléculas están muy juntas y se mueven oscilando alrededor de unas posiciones fijas; las fuerzas de cohesión son muy grandes. 

En el ESTADO LIQUIDO las moléculas están más separadas y se mueven de manera que pueden cambiar sus posiciones, pero las fuerzas de cohesión, aunque son menos intensas que en el estado sólido, impiden que las moléculas puedan independizarse. 
En el ESTADO GASEOSO las moléculas están totalmente separadas unas de otras y se mueven libremente; no existen fuerzas de cohesión.


Tema 4 Bioloxía 3º ESO. Aparato Circulatorio.

A súa importancia en cifras...


  • O corazón mide uns 12,5 cm de lonxitude e pesa 450 gramos aproximadamente.
  • O sistema circulatorio contén de 5 a 6 litros de sangue.
  • En 1 mm de sangue hai entre 4 e 5 millóns de glóbulos vermellos, de 6.500 a 7.000 glóbulos brancos, e de 200.000 a 300.000 plaquetas.
  • 96.540 quilómetros de vasos sanguíneos transportan o sangue a todas as partes do corpo adulto. Con eles poderíase dar case 2 veces e media a volta ao mundo.
  • Existen ao redor de 60.000 km de capilares no corpo humano.
  • A lonxitude total do sistema circulatorio alcanza a asombrosa cifra de 125.000 quilómetros.
  • Máis...Pica Aquí.

Análise de sangue

Tema 4 Bioloxía 3º ESO

A análise de sangue é unha das probas médicas máis utilizada e de maior importancia na práctica clínica. Consiste en extraer unha pequena cantidade de sangue venoso do paciente, que despois é transportada ao laboratorio para analizala e determinar a súa composición.

Para a maioría dos exames o sangue é usualmente obtido da vea do paciente. Non obstante, outros exames de sangue especializados, tales como a gasometría arterial, requiren que o sangue sexa extraido dunha arteria
A gasometría arterial do sangue é usada primariamente para monitorear os niveis do dióxido de carbono relacionados coa función pulmonar. 

Nunha analítica podemos encontrar numerosos datos, moitos dos cales poden soarnos a chinés dadas as súas siglas e diferentes cifras. Normalmente, os que máis se solicitan para o estudo son o hemograma e a bioquímica sanguínea:

. Hemograma: é un estudo cuantitativo que avalía a concentración de cada un dos elementos celulares do sangue. Tamén comproba se as células teñen unha forma e estrutura normais ou, pola contra, están alteradas. Exemplo: glóbulos vermellos (tamén chamados hemacias), leucocitos, neutrófilos...

. Bioquímica: é o estudo das substancias químicas presentes no sangue. Exemplos: potasio, calcio, sodio, magnesio, vitaminas, hormonas...


sábado, 23 de noviembre de 2013

Descobren un colosal dinosauro carnívoro



Unha nova e impresionante especie de dinosauro carnívoro, de
trinta metros de lonxitude, un dos tres máis grandes que se descubrise nunca en América do Norte, conviviu e competiu cos primeiros tiranosauros que viviron hai 98 millóns de anos e que eran relativamente pequenos.

Esta especie recén descuberta, bautizada como Siats Meekerorum, foi o principal depredador do seu tempo, papel que mantivo ata que, tras o seu declive, os tiranosauros puideron ocupar o seu lugar 30 millóns anos máis tarde.

«Pasaron 63 anos dende que foi encontrado o último depredador deste tamaño en América do Norte», comenta Lindsay Zanno, paleontóloga da Universidade Estatal de Carolina del Norte, e principal autora do artigo en Nature Communications que describe o achado. «Non» podedes imaxinar «o contentos que nos puxemos ao ver os ósos deste xigante sobresaíndo na aba».


jueves, 21 de noviembre de 2013

Donde está la locomotora?. Ejercicio resuelto

Os dejo la resolución (pdf) de un ejercicio de cinemática donde intervienen dos móviles, un pasajero y una locomotora...


Repaso de Logaritmos. Ejercicios resueltos

Os dejo un archivo pdf para que descarguéis. En él encontrareis diversos ejercicios RESUELTOS de logaritmos, todos ellos de repaso. 
Espero que os ayude.


Espectacular "nacemento" dunha illa en Xapón


A forte actividade volcánica submarina rexistrada no Océano Pacífico formou unha nova pequena illa a uns mil quilómetros ao sur de Tokyo, segundo informou este xoves o Servizo xaponés de Gardacostas.

O novo illote ocupa aproximadamente 200 metros de ancho e encóntrase situado ao sueste da deshabitada illa volcánica deNishinoshima, que pertence ao pequeno arquipélago de Ogasawara(na prefectura de Tokyo), moi afastado da principal illa de Xapón.

Unhas espectaculares imaxes recollidas pola cadea nipoa NHK e gravadas polo servizo nipón de Guardacostas mostran como unha columna de fume branco duns 600 metros se une cunha nube de cinza negra provocada polas violentas explosións xeradas no interior do volcán.

miércoles, 20 de noviembre de 2013

As pedras reptantes do Val da Morte


É un dos misterios naturais máis famosos e máis estraños. En Racetrack Playa, no Val da Morte, unha longa extensión de lamas en California (EUA), as pedras de distintos tamaños, algunhas tan grandes como un ser humano, móvense soas
Ninguén viu realmente como se moven, pero as rochas deixan un rastro de movemento, coma se tivesen reptado polo chan cara a calquera parte, sen patrón ningún. Isto suscitou as explicacións máis disparatadas, dende poderosos campos de enerxía a intervencións alienígenas.

Ralph Lorenz, científico planetario da Universidade de Johns Hopkins, que traballou nunha rede de estacións meteorolóxicas para a NASA no lugar, cre que é o xeo o que fai que as pedras se movan

Tras levar a cabo un experimento cun simple tupper, unha pedra e un frigorífico, Lorenz chegou á conclusión de que arredor das rochas se forma unha capa de xeo flotante cunha especie de quilla que cava un sendeiro no barro. Nese escenario, o xeo non produce ningunha fricción na auga, polo que as pedras son capaces de deslizarse con só unha lixeira brisa.

martes, 19 de noviembre de 2013

A sonda espacial "Maven"

A cápsula 'Maven' da NASA despegou este luns rumbo a Marte dende Cabo Canaval (Florida) a bordo do foguete 'Atlas 5', para investigar por que desapareceu unha gran parte da atmosfera de Marte, o que impediu ao planeta vermello ser habitable

Malia que o día amenceu algo anubrado en Florida, o foguete despegou sen complicacións e a chegada de 'Maven' (siglas en inglés de 'Evolución Atmosférica e Volátil de Marte') á órbita marciana está prevista para finais de setembro de 2014, segundo informou a NASA, a axencia espacial estadounidense.

Unha vez alcance o exterior de Marte, 'Maven' tardará cinco semanas en adaptarse á órbita e a continuación comezará unha misión principal que se prolongará durante un ano. "As misións previas proporcionaron moitas evidencias de que en Marte houbo unha vez auga líquida, pero agora é un planeta frío e desértico", explicou o investigador principal, Bruce Jakosky, en declaracións á canle de televisión da NASA.



Ecuaciones y sistemas exponenciales. Ejercicios resueltos (pdf)

Os dejo un archivo pdf, que podéis descargar. En él encontrareis ecuaciones exponenciales y sistemas de ec. exponenciales, resueltas paso a paso.
Espero que os ayude.



lunes, 18 de noviembre de 2013

Houbo dinosauros en España?

SI
Na Península ibérica conviviron varias especies de dinosauros de varias rexións, sobre todo africanos e europeos. O rexistro fósil máis amplo procede do Cretácico Inferior. 
Hai varios xéneros endémicos, como Aviatyrannis do Xurásico Superior, Pelecanimimus ou Aragosaurus, do Cretácico Inferior, ou Arenysaurus do Cretácico Superior. 
Hai xéneros que tamén estiveron presentes en Europa, como Iguanodon ou Rhabdodon. 

Nesta lista (pica aquí) encóntranse os xéneros de dinosauros encontrados na Península Ibérica.

Aviatyrannis

Aragosaurus


Arenysaurus



O Mesozoico: reinan os Dinosaurios

Déixovos diversas reportaxes sobre estes réptiles, algúns xigantes, outros voadores...









sábado, 16 de noviembre de 2013

SOS: iceberg xigante cara á ruta marítima

Unha auténtica illa flotante de xeo de 700 quilómetros cadrados (o tamaño de Menorca) avanza á deriva no Oceáno Antártico e ten en xaque os navegantes e os científicos. 
O xigantesco iceberg desprendeuse o pasado mes de xullo do glaciar de Pine Island, ao oeste da Antártida, e afastouse xa case dous quilómetros das costas, con rumbo totalmente incerto.


As evidencias máis antigas de vida na Terra?


Un equipo de científicos internacionais descubriu no noroeste de Australia un complexo ecosistema fosilizado de microbios de case 3.500 millóns de anos e crese que se trata das evidencias máis antigas da vida na Terra, informaron medios locais.

Estas estruturas sedimentarias inducidas por microbios ou MISS, que foi achada, nunha zona rochosa chamada Dresser Formation, situada nunha remota zona da rexión de Pilbara, "poderían ser a evidencia máis antiga da vida na Terra", dixo o científico da Universidade de Australia Occidental, David Wacey.

Investigacións científicas previas derivaron no descubrimento de microfósiles e de estromatolitos de menor antigüidade que as estruturas sedimentarias achadas en Pilbara, segundo a cadea local ABC.

Ecuaciones Exponenciales. Ejercicio (II)

Foto do día


A sonda espacial Cassini retratou o noso planeta a 1.440 millóns de quilómetros, como o vería o ollo humano. Ese puntito azul pálido á dereita, na parte de abaixo, somos nós

A historia da morte da ameixa «Ming», o animal máis vello do mundo, uns 507 anos


O vello «Ming», da especie Arctica islandica, foi recuperado en 2006 durante unha campaña en augas costeiras islandesas que formaba parte dun proxecto de investigación sobre os cambios climáticos nos últimos 1.000 anos. Estas ameixas resultan moi útiles neste tipo de estudos, xa que conteñen rexistros moi significativos dos cambios climáticos mariños incrustados nas súas cunchas.

A historia da morte da ameixa «Ming», o animal máis vello do mundo, uns 507 anos, ás mans dos seus investigadores conseguiu captar a atención de medio mundo ata o punto de converterse nunha absurda e surrealista trama de novela negra. 
Ante as queixas dalgúns enfurecidos amantes dos animais e a aparición dalgunhas interpretacións erróneas do suceso, os científicos que examinaron o exemplar, da Escola de Ciencias do Mar da Universidade de Bangoren Gales (Reino Unido), víronse obrigados a facer público un comunicado con algunhas aclaracións ao respecto. 
Aseguran que xamais tiveron a intención de rematar coa vida dun exemplar tan lonxevo, xa que antes de abrir a cuncha para examinala, proceso no que a ameixa morre inevitablemente, non podían saber de ningún xeito a súa idade.

A evolución de Marte, vista nun minuto

A NASA publica un vídeo que mostra 4.000 millóns de anos do planeta, dende os inmensos lagos do pasado remoto ás interminables extensións de terra avermellada actuais.


miércoles, 13 de noviembre de 2013

O Permiano (Pérmico)

O Permiano,  foi un período xeolóxico que comezou fai 299,0 ±0,8 millóns de anos e rematou fai 251,0 ±0,4 millóns de años.

O fin do período está marcado por unha grande extinción que está datada con maior exactitude. 
O Permiano segue o Carbonífero e precede ao Triásico e debe o seu nome aos extensos depósitos na rexión arredor da cidade de Perm en Rusia. Os depósitos permianos consisten principalmente en estratos vermellos continentais e exposicións mariñas pouco profundas.

No Permiano houbo importantes cambios climáticos cunha tendencia xeral de climas tropicais a condicións máis secas e áridas. Produciuse unha contracción dos pantanos. Extinguíronse gran cantidade de fentos arborescentes (Lycopodiophyta) e anfibios, que requirían condicións húmidas. Os fentos con semente, os réptiles e os réptiles mamiferoides herdaron a terra. 
Os glaciares do Carbonífero sobre a rexión polar do sur de Gondwana retrocederon durante o Permiano.

Nese período desenvolveuse a Oroxenia Hercínica que levou á formación do gran continente chamado Pangea.


Insectos Xigantes

Vídeo da serie Parque Prehistórico (serie TV - Pica aquí para máis información)

En busca do Insecto Xigante...fai 300 Ma. 
Periodo Carbonífero.


Periodo Carbonífero

O Carbonífero é o período da Era Paleozoica que comeza fai 359,2 ±2,5 millóns de anos e finaliza fai 299,0 ±0,8 millóns de anos. É posterior ao Devónico e anterior ao Pérmico.


En Norteamérica subdivídese en Pensilvaniense e Misisipiense. En Europa existen dúas subdivisións, a Europea occidental e a Rusa, sendo ambas as dúas de difícil correlación entre elas e coa americana.

Caracterízase porque grandes extensións de bosques quedaron sucesivamente sepultadas, dando orixe a estratos de carbón
Mentres van extinguíndose os peixes primitivos, expándense os cartilaxinosos e óseos. Os anfibios invaden a terra firme e comezan o seu desenvolvemento os réptiles, que durante o período Xurásico terán o seu clímax. 
No Carbonífero superior abundan os insectos, algúns moi grandes, como as "libélula", de case sesenta centímetros con ás estendidas e árbores de ata 40 m, como o Lepidodendron. Isto explícase pola alta concentración de osíxeno na atmosfera, que segundo estimacións chegou a alcanzar o 35%.
O Carbonífero é unha época da historia da Terra moi activa dende o punto de vista tectónico. Durante este período prodúcese a Oroxenia Hercinica ou Varisca que dá lugar á formación do megacontinente Pangea. 
Climaticamente rematou cunha glaciación, durante a cal os glaciares se estenden por todo o centro e sur de Pangea.

O corte de dixestión, realidade ou mito?

Pregunta formulada nas dúas clases de 3º de ESO...

A doutora Iria González Rivera, pediatra do hospital materno infantil da Coruña e máis conciliadora entre a ciencia e o saber popular, axúdanos a discernir canto hai de realidade e canto de mito tras os cortes de dixestión.

Trátase dun shock que se produce ao someter o corpo -en particular, a pel e as vías respiratorias superiores- a un cambio brusco de temperatura por contacto coa auga, como o que se pode sufrir nos días de máis calor do verán ao somerxerse no mar ou nunha piscina.

Segundo explica a pediatra, cando se produce ese cambio de temperatura, o corpo reacciona reducindo sensiblemente o ritmo cardíaco -unha das consecuencias do que se coñece como reflexo de inmersión- e concentrando máis sangue na pel para contrarrestar o choque térmico. Isto pode provocar que o cerebro non reciba o suficiente rego sanguíneo, o que conduce a un desmaio ou perda de coñecemento (a síncope propiamente dita).

Realmente, a síncope non afecta ao proceso dixestivo, pero este último aumenta o risco de sufrilo, de aí que callase a denominación popular de corte de dixestión. Cando o organismo está a procesar os alimentos envía máis sangue ao sistema dixestivo para realizar esa función, polo que en caso dun cambio térmico moi brusco o sangue dispoñible para o cerebro é aínda menor.

Power Point Tema 3 Bioloxía 3º ESO

Pica na imaxe e descárgao.


Ecuaciones Exponenciales. Ejercicios (I)

Se denomina ecuación exponencial aquella en la cual la incógnita aparece únicamente en los exponentes de potencias para ciertas bases constantes. La incógnita se halla en un exponente de un o unos de los términos. Es decir, un número (u otra variable) está elevada a la incógnita a despejar, comúnmente representada por x.








lunes, 11 de noviembre de 2013

Fauna Cámbrica


O Cámbrico é o primeiro dos seis períodos ou series da Era Paleozoica, chamada tamén Era Primaria.
Comezou fai 542,0 ±1,0 millóns de anos, ao final do Eón Proterozoico e rematou fai uns 488,3 ±1,7 millóns de anos, para dar paso ao Ordovícico.

Neste período prodúcese unha explosión de vida, e por primeira vez no rexistro fósil distínguense organismos pluricelulares máis complexos que as esponxas ou as augamares. Entre as criaturas do período cóntanse, por exemplo:


Anomalocaris é un xénero de animais extintos, pertencente á familia dos anomalocarídidos, a cal se relaciona cos artrópodos.
Posuía trazos moi rechamantes como «brazos» armados con espiñas cos que se levaba a comida á boca, ollos compostos, cunha estimación de ata 30.000 lentes por ollo, boca en forma de anel, que non podía chegar a pechar, con fileiras de dentes para triturar a comida, lóbulos laterais que rodeaban todo o corpo, entre outros.


OPABINIA. O animal estaba segmentado e posuía un exoesqueleto non mineralizado. A lonxitude total do corpo oscilaba entre os 4 e 7 cm. 
A cabeza mostraba cinco ollos pedunculados que lle terían dado a Opabinia unha visión de 360°, e unha longa e flexible probóscide. Ao final da probóscide habería algunhas espiñas que teoricamente poderían ter servido como pas para atrapar presas, e logo arrastralas cara á boca, situada debaixo da cabeza, detrás da base da probóscide.
Cada segmento do corpo presentaba un conxunto de branquias e un par de apéndices similares a aleróns que son estraños aos demais animais coñecidos da época, agás Anomalocaris. Os tres últimos aleróns formaban a cola. A diferenza dos artrópodos coñecidos a cabeza non parece estar formada por segmentos fusionados.



Pikaia é un animal coñecido a partir dos fósiles do Cámbrico Medio, encontrado preto do monte Pika (do cal provén o seu nome) nun depósito de fósiles invertebrados que datan aproximadamente de 570 millóns de anos chamado Burgess Shale na Columbia Británica. Foi descuberto por Charles Walcott e descrito por el en 1911. Baseado na obvia e regular segmentación do corpo, Walcott clasificouno como un verme poliqueto. O seu aspecto recorda o docefalocordado actual comunmente coñecido como lanceta e quizais nadaba como unha anguía.












Os Trilobites



Os trilobites son unha clase de artrópodos do subfilo dos trilobitomorfos xa extintos. Son os fósiles máis característicos da era paleozoica (era primaria). Describíronse case 4.000 especies.

Apareceron no período cámbrico (ao comezo do paleozoico), e empezaron a diversificarse xa no cámbrico inferior. Tras a extinción masiva de finais do cámbrico só sobreviviron as formas que habitaban en ambientes peláxicos, de augas profundas. Durante o ordovícico alcanzaron a súa máxima diversidade e ocuparon case todos os nichos ecolóxicos mariños.

A súa presenza na Terra delongouse durante todo o paleozoico, máis de 300 millóns de anos. Os trilobites son tan abundantes e foron tan profundamente estudados, que probablemente sexan o grupo de animais fósiles máis coñecidos.

Inicialmente consideráronse antepasados dos crustáceos (en especial da cochinilla da humidade terrestre, que comparte certas características comúns) ou ata de todos os artrópodos (xa que foron os primeiros en aparecer no rexistro fósil). 

Hoxe considéranse unha clase independente.

Déxivos un vídeo con fósiles atopados de Trilobites


domingo, 10 de noviembre de 2013

viernes, 8 de noviembre de 2013

O Sol disparou a labarada solar máis forte do ano este martes

Os expertos en clima espacial apuntaron que esta tormenta non debe supoñer ningunha preocupación para a Terra. A orixe desta labarada foi a mancha solar AR1890 e o orbitador Dinámica Solar daNASA capturou un vídeo en alta definición este suceso.

Grazas a isto, os científicos puideron observar que o material expulsado na labarada solar non creará ningunha perturbación xeomagnética. 
As erupcións solares de clase son consideradas as máis potentes das tormentas solares, e cando se dirixe directamente á Terra poden representar un perigo para os satélites e os astronautas en órbita.


Así é a nube de gas xigante que se aproxima á Vía Láctea

A Gran Nube Smith, unha xigantesca nube de hidróxeno, encóntrase en rumbo de colisión contra a nosa galaxia, a Vía Láctea. Viaxa a máis de 150 km por segundo e chegará dentro duns 30 millóns de anos. Pero, que pasará entón?...mira o vídeo.


Ejercicio de dos móviles (I)

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Por que os científicos fabrican nano-guitarras?


Se reducimos o tamaño dunha corda nun factor 10, tanto o grosor coma a lonxitude, entón a velocidade de vibración aumentará nun factor 10. 
Unha corda de guitarra ten unha lonxitude de 70 centímetros e un grosor típico de medio milímetro. Se nos fixamos na terceira corda, convenientemente afinada para que soe a nota sol, vibra no primeiro modo propio a 392 hertzs.

Vexamos que acontece cunha corda do mesmo material pero cunha lonxitude e un diámetro un millón de veces menor, 700 nanómetros e medio nanómetro respectivamente. Esta corda nanométrica vibrará a unha frecuencia un millón de veces maior, é dicir, a 392 megahercios. Se fixamos un grosor un pouco maior, 2 nanómetros, entón a frecuencia de vibración superará a frecuencia de 1gigahercio (é dicir, que realiza mil millóns de oscilacións cada segundo).
O interese de fabricar guitarras nanométricas

Pódense aproveitar as propiedades de vibración das cordas nanométricas para construír sistemas que son útiles para diversos campos de aplicación. A xeito de exemplo, centrarémonos nos ámbitos de telecomunicacións e de análise clínica.

Os sinais que se transmiten por radiofrecuencia, por exemplo para telefonía móbil, oscilan a frecuencias superiores a 1 gigahercio. A telefonía móbil de cuarta xeración utiliza a banda de 2,6 gigahercios. Os sistemas de telecomunicacións (e en particular os teléfonos móbiles), dispoñen dun oscilador, que debe xerar un sinal á frecuencia de transmisión. Ata agora, este oscilador fabricouse mediante compoñentes electrónicos tradicionais e osciladores de cristal de cuarzo...ler máis.

O Mar tragará Barcelona en 5000 anos



É a realidade que proxecta a revista «National Geographic» para dentro de 5.000 anos se o quentamento global, en cinco milenios,
derreteu todo o xeo do noso planeta.

«Hai máis de 20 millóns de quilómetros cúbicos de xeo na Terra», explica «National Geographic». «Se seguimos engadindo carbono á atmosfera, moi probablemente crearemos un planeta sen xeo, cunha temperatura media de quizais 27 graos centígrados, en lugar dos actuais 14».

Para ilustrar esta proxección, a revista desenvolveu un mapa interactivo (PICA AQUÍ) que mostra os efectos dese desxeo total. O nivel do mar subiría uns 65 metros, xerando novas liñas de costa e, mesmo, illas interiores.

Descobren ao rei dos Tiranosaurios



Era soberbio. Unha besta de dúas toneladas e media e 8 metros de lonxitude, case tanto como un autobús, cunha enorme cabeza e dentes afiados, que se desprazaba sobre dúas patas hai uns 80 millóns de anos no ámbito costeiro pantanoso do antigo continente de Laramidia, na actualidade o oeste de América do Norte. 

Os seus descubridores chamárono algo pomposamente Lythoronax Argeste, cuxa primeira palabra significa algo así como «rei do sangue» ou «rei sanguinario» e a segunda fai referencia a un vento do sudoeste citado polo poeta Homero, pola súa procedencia xeográfica. O apelativo non lle vén nada mal. 

Cren que este temible tiranosauro nunca visto antes, familia do famoso T.rex, era o carnívoro máis grande do seu ecosistema.

Ley de los gases Ideales. Ejercicios

Peluxes Intestinais

No individuo san as paredes intestinais están recubertas de peluxes e micropeluxes que teñen a función de aumentar a superficie de absorción dos nutrientes.


O Intestino Groso

O intestino groso é a última porción do tubo dixestivo, formada polo cego, o colon e o recto. O intestino delgado únese ó intestino groso no abdome inferior dereito a través da válvula ileocecal.

Topograficamente o intestino groso comeza na válvula ileocecal, no cego, que é o apéndice primitivo. O cego é intraperitoneal, así como o apéndice. O colon ascendente encóstase á parede posterior e faise secundariamente retroperitoneal. 

Na base do fígado, o colon cambia de dirección no ángulo hepático do colon e faise colon transverso, que pende cunha lonxitude variable, unido á parede abdominal posterior polo mesocolon transverso. 
Volve cambiar de dirección no ángulo esplénico do colon, e pasa a colon descendente, que tamén está adherido á parede abdominal posterior.



O Futuro do SOL

O futuro do noso Planeta está intimamente ligado ao futuro da nosa estrela: O SOL.

A evolución á que están suxeitas as estrelas da súa clase acabarao levando a transformarse nun xigante vermello. Aínda falta moito tempo para iso, calcúlase que uns 5000 Ma, pero o proceso é inexorable.

Á distancia que hoxe separa o Sol da Terra, esta recibe a cantidade xusta de calor para permitir a vida. Cando o Sol comece a incharse, iso cambiará. Na súa evolución cara a unha estrela xigante vermella, o seu volume aumentará ata o punto de que o astro rei se tragará aos planetas máis próximos a el

Os primeiros planetas en ser aniquilados serán Mercurio e Venus, os máis próximos.

Logo probablemente lle tocará á Terra.



A Formación da Terra. Eón Hádico

Fai 4600 Ma...ocorreu isto:


martes, 5 de noviembre de 2013