SLIDER

sábado, 28 de diciembre de 2013

Outro galego no templo da investigación



O profesor do Departamento de Física de Partículas e investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías Néstor Armesto súmase ó templo da investigación internacional. Armesto integrará o grupo de Coordinación do proxecto LHeC, que estudará nos próximos catro anos, de 2014 a 2017, o potencial científico e a posible realización técnica dun colisionador entre protóns ou ións e electróns e os seus detectores asociados, co acelerador de partículas do CERN (LHC) e os futuros aceleradores de protóns ou ións que se puidesen construír neste tempo. 
O grupo intégrano nove persoas, das que soamente dous son físicos teóricos, un deles o profesor da Universidade de Santiago de Compostela.

O proxecto LHeC permitirá valorar a construción dun acelerador de electróns no CERN para mediados da década de 2020. 
Estes electróns faríanse chocar con protóns ou ións que se aceleran actualmente no LHC, constituíndo un experimento –denominado de dispersión inelástica profunda– que permitiría tanto analizar protóns e núcleos cunha precisión nunca antes alcanzada, como examinar as propiedades do bosón de Higgs recentemente descuberto. 
De facerse realidade, constituiría o experimento de análise da estrutura da materia de maior resolución xamais construído.

sábado, 21 de diciembre de 2013

Que di a ciencia sobre os regalos de Nadal?


Por que é importante facer regalos? Como saber que comprarlle a outra persoa? É correcto regalarlle a outra persoa o que che regalaron a ti? 
A estas e outras preguntas intentaron responder sociólogos das universidades máis prestixiosas do mundo.

Aínda que soe curioso, é totalmente certo e varios experimentos demostrárono. 

Unha investigación da Universidade de Virxinia demostrou que ao exercer este xesto de xenerosidade, o cerebro activa áreas relacionadas co benestar en maior medida que cando recibimos unha atención. Os expertos concluíron que ao facer un regalo melloramos a nosa autoestima e autopercepción.

Por outra parte, un estudo conducido por científicos da Universidade de California indicou que non só nos gusta ver un sorriso no rostro dos nosos afectos, senón que gozamos de ser xenerosos mesmo con quen non coñecemos moito nin temos a certeza de que volvamos ver. Segundo o académico Andrew Delton, isto podería significar que os regalos non son unha pura resposta á presión social que indica que debemos quedar ben cos demais aínda que sexa por compromiso.

De acordo a unha investigación realizada pola Universidade de Duke, o gran desafío á hora de comprar o regalo perfecto é lograr entrar na mente doutra persoa e pensar que é o que realmente necesita ou desexa. Non obstante, está demostrado que ver o mundo dende outra perspectiva é unha habilidade difícil de lograr, xa que adoitamos a miúdo ser prisioneiros das nosas propias preferencias, aínda que non o fagamos de xeito consciente.

domingo, 15 de diciembre de 2013

A UVigo triunfa cun software que simula os movementos da auga



O grupo Ephyslab, da Universidade de Vigo, está a obter grandes resultados co software libre que teñen desenvolvido para prever o comportamento de grandes masas de auga. Creado en colaboración coas universidades de Manchester, Gante e Politécnica de Catalunya, o programa (bautizado DualPhysics) acumula xa máis de 25.000 descargas. E as súas simulacións son de gran utilidade para a enxeñería, por exemplo na construcción de encoros ou grandes diques ou paseos marítimos.

Cando se fan plans de protección de comunidades é necesario prever como lle afectarán por exemplo, inundacións debidas a un aumento do caudal dos ríos ou do nivel do mar, e así un longo etcétera de posibilidades. Para pór en común os últimos avances neste eido, expertos dalgúns dos principais grupos de investigación públicos e privados que traballan en España e Portugal neste tema déronse cita este martes e mércores no campus de Ourense.

Segundo informa Rosa Tedín, no DUVI, o encontro, que levou por título Iberian Workshop Advances on Smoothed Particle Hydrodynamics, estivo organizado polo Grupo Ephyslab da Universidade de Vigo, co seu director Moncho Gómez Gesteira ao fronte.

Ley de Hooke. Ejercicio

Formulación Inorgánica.Óxidos Ejercicios

Os recomiendo que intentéis resolver los ejercicios que se proponen en los distintos vídeos, para luego comprobar las respuestas.








Reprodución celular, Mitose e Meiose

Descríbese dun xeito moi sinxelo os dous procesos de Reproducción celular: Mitose e Meiose, coas súas respectivas etapas: interfase, profase, metafase, anafase, telofase, citosinesis.


Factorización de Polinomios. Ejercicios.





Un soldado británico controla un brazo biónico coa mente


Andrew Garthwaite perdeu a totalidade do seu brazo dereito durante un bombardeo na provincia de Helmand (Afganistán) contra os talibáns, en setembro de 2010. Durante meses, a súa vida cambiou drasticamente ante a incapacidade de realizar tarefas tan cotiás como preparar un café. Grazas á evolución da ciencia, este soldado británico de 26 anos puido recuperar a mobilidade mediante unha das próteses de brazo máis avanzadas do mundo que controla coa súa mente.

A extremidade dereita de Garthwaite desprendeuse á altura do seu ombro. Os cirurxiáns tomaron as puntas dos nervios que terían seguido ao longo do seu brazo ata a súa man e conectáronas cos músculos do seu peito. Unha conexión electrónica une esta área co seu brazo biónico.

"Tomamos todos os nervios que ían ao seu brazo e dirixímolos ao seu peito. Cando pensa en mover a súa man, o seu brazo ou os seus dedos os diferentes músculos da parede do seu peito actívanse", explica o cirurxián Oskar Aszmann.

GAIA, el GPS máis preciso da galaxia


O próximo xoves 19 de decembro, a Axencia Espacial Europea (ESA) poñerá en órbita a misión Gaia, que medirá as distancias e movementos de mil millóns de estrelas da Vía Láctea cunha precisión histórica. O satélite, que pode considerarse un GPS cósmico, afondará no coñecemento sobre a nosa galaxia e, polo tanto, sobre a nosa propia orixe.

Gaia partirá ás 10.12 hora peninsular española (poderás velo en directo na web da ESA) a bordo dun lanzador Soyuz-Fregat, que despegará dende o Porto Espacial Europeo, na Guyana Francesa. «Unha misión que vai observar mil millóns de estrelas implica un cambio de paradigma total na forma de facer astronomía», aseguraLuis Manuel Sarro, investigador do departamento de Intelixencia Artificial da UNED e membro do proxecto, no que participa un bo número de científicos españois.

jueves, 12 de diciembre de 2013

Foto do día



O fotógrafo australiano Mark Gee foi proclamado, entre máis de mil fotógrafos afeccionados e profesionais de todo o mundo, gañador do Astronomy Photographer of the Year 2013.

O ceo no Hemisferio Sur ofrece unha rica variedade de tonalidades. As rexións centrais da Vía Láctea, a 26.000 anos luz de distancia, aparecen como unha maraña de po e estrelas na parte central da imaxe.

Dous obxectos máis distantes vense como manchas de luz na parte superior esquerda da imaxe. Trátase das Nubes de Magallanes, dúas galaxias satélites pequenas en órbita arredor da Vía Láctea.

Captan en vídeo unha quenlla desesperada por comer

Incrible o vídeo captado baixo un barco en medio do Atlántico, que mostra o que supón ser atacado por unha enorme quenlla. Un grupo de amantes das emocións fortes realizaron a captura fronte á costa de Maryland.

Filmouse en xullo e agora está a triunfar en Internet. En total xa acumulou máis dun millón e medio de visitas.


O estanque que cambia de cor dependendo da estación do ano

No pequeno pobo de Biei en Hokkaido, Xapón, encóntrase un dos estanques máis fermosos do mundo. Coñecido polos seus cidadáns como "Estanque azul" caracterízase polo cambio de cor na auga, dependendo da estación do ano e da incidendia da luz do sol en diferentes momentos do día.

NOVEMBRO



DECEMBRO


MAIO

Cando desaparecerá a auga na Terra?


Dentro de aproximadamente 1.000 millóns de anos terase evaporado todo a auga da Terra, indica un estudo científico francés publicado na revista Nature que apraza en varios centos de millóns de anos as estimacións realizadas en anteriores previsións. 
Ese fenómeno, segundo a investigación, débese aos efectos do aumento da radiación solar, que non ten ningún vínculo co quentamento climático.

Ao igual que a maior parte das estrelas, segundo esas conclusións, a luminosidade do Sol aumenta moi lentamente e de forma natural ao longo da súa existencia, o que leva consigo unha alza das temperaturas terrestres.

O CNRS e os outros tres institutos implicados sinalan que a cantidade de vapor de auga na atmosfera se incrementa coa temperatura dos océanos, e explican que o vapor de auga é un gas de efecto invernadoiro que participa no quentamento da superficie terrestre. 
Eses científicos prevén que ese incremento acabe provocando a "ebulición dos océanos" e a desaparición da auga no seu estado líquido.

miércoles, 11 de diciembre de 2013

Dinámica. Física 4º ESO

La dinámica es la parte de la física (específicamente de la mecánica clásica) que describe la evolución en el tiempo de un sistema físico en relación con las causas que provocan los cambios de estado físico y/o estado de movimiento. 

La Dinámica clásica se basa en el estudio del movimiento de un cuerpo analizando las fuerzas que producen dicho movimiento; este estudio se cimenta sobre las Leyes de Issac Newton, o Leyes de la Dinámica.



Isaac Newton (4 de enero de 1643 – 31 de marzo de 1727). Científico, físico, filósofo, alquimista y matemático inglés, autor de los Philosophiae Naturalis Principia Mathematica, más conocidos como los Principia, donde describió la ley de gravitación universal y estableció las bases de la Mecánica Clásica mediante las leyes que llevan su nombre. 
Fue, también, uno de los hombres más respetados por la sociedad inglesa en sus tiempos y quizá el científico más religioso que se haya mencionado, hábito que muchos desconocen.


Teorema del Factor. Ejercicios



Regla de Ruffini. Ejercicios

Teorema del resto. Ejercicio.

Método de Ruffini. Paso a Paso

A Formación da urina. A Nefrona.

No ser humano cada ril contén ao redor de 1.000.000 a 2.000.000 de nefronas.


O Aparato Excrector. Os Riles

Os riles son avanzadas máquinas de reprocesamento

Cada día, os riles dunha persoa procesan aproximadamente 190 litros de sangue para eliminar ao redor de 2 litros de produtos de refugallo e auga en exceso.


domingo, 8 de diciembre de 2013

O maior cerebro de Galicia quere ser aínda máis potente

O maior cerebro de Galicia quere ser aínda máis grande. Seis anos despois da súa inauguración, o Súpercomputador ”Finisterrae”, do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), será actualizado en 2014 para volver á elite europea da capacidade de cálculo.

O “Finisterrae” axudou a descifrar o xenoma, executa os complicados modelos de predición do tempo para Meteogalicia e foi parte dos cálculos para descubrir o bosón de Giggs.



Adiviñas científicas nas fachadas das cidades


Un novidoso concurso popular sobre ciencia e innovación converterá as fachadas dos edificios máis emblemáticos das cidades galegas en xigantescos taboleiros de xogo, co obxectivo de achegar a innovación á cidadanía dun xeito ameno e divertido. Trátase dunha acción de divulgación científica que combinará en plena rúa o concepto clásico de xogo de coñecementos coa proxección arquitectónica de gran formato.

Santiago será a primeira localidade na que se celebrará Big Ciencia, un proxecto impulsado pola Axencia Galega da Innovación da Xunta, en colaboración coa Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecit)
Será o próximo 11 de decembro a partir das 18.30 horas na Praza do Obradoiro sobre a fachada do reitorado da Universidade. A xira continuará o día 13 na Coruña, o 14 en Lugo e o 20 en Ourense, para rematar o 21 en Vigo.

A mecánica do Big Ciencia será moi sinxela co obxectivo de facela accesible para todos os públicos, independentemente do seu nivel de coñecementos. Para participar non é necesario inscribirse previamente, e botará a andar no momento no que dúas persoas se sitúen ante os pulsadores e a xigantesca pantalla. As preguntas serán tipo test e os participantes deberán elixir a resposta correcta de entre catro posibles, contando coa axuda dos espectadores para facelo. Precisamente este comodín do público fomentará a participación de todos os asistentes ao concurso, que ten o obxectivo de enganchar desde un principio dada a súa axilidade. Tras tres fases eliminatorias, coñecerase o nome do gañador.

Big Ciencia non rematará o 21 de decembro en Vigo, xa que desde o blog da actividade poderase descargar un xogo dixital co que os galegos poderán seguir concursando desde as súas casas, ao tempo que descobren interesantes e curiosos contidos científicos. P

miércoles, 4 de diciembre de 2013

A Terra dende a Estación Espacial Internacional

Raias e centolas!

O documental 'Marcados para sobrevivir' recolle a evolución, costumes e movementos de especies que habitan nas costas galegas.

Aquela quenlla marcada nas proximidades de Terra Nova, non moi lonxe da costa de Canadá, apareceu a 30 millas de Lisboa. 

A maragota da ría de Vigo, en cambio, tiña menos mundo: como é habitual na súa especie, non viaxou máis alá do que ocupa un campo de fútbol. 
A raia mosaico tampouco abandonou a ría, pero a sorpresa deuna unha centola da Coruña: malia as evidentes limitacións para a mobilidade dos da súa especie, rematou localizada na costa de Asturias.

Son conclusións en forma de imaxes do documental El mar do fin do mundo II: marcados para sobrevivir, producido por José Irisarri.


TRAILER

O millo é máis san canto máis escuro


Un estudo da Misión Biolóxica de Galicia descobre a relación entre a cor do rei dos cereais e a súa capacidade antioxidante.

Existe unha relación directa entre a intensidade da cor do gran de millo e os seus compostos beneficiosos para a saúde, como asantocianinas e os carotenoides. Canto máis escuro, máis compostos antioxidantes.

A relación entre a cor e os antioxidantes non é o único resultado sorprendente: os científicos da MBG, organismo pertencente ao Consello Superior de Investigacións Cientificas (CSIC) tamén comprobaron que o proceso tradicional de elaboración de pan de fariña de millo non altera a capacidade antioxidante do cereal, de modo que o efecto beneficioso que ten o millo para a saúde se conserva nos produtos elaborados a partir deste cereal...ler máis.


Movimiento Circular. Ejercicios






División de polinomios





Organelos Celulares.

Denomínanse orgánulos ou organelos as diferentes estruturas suspendidas no citoplasma da célula eucariota, que teñen unha forma e unhas funcións especializadas ben definidas e diferenciadas. 
A célula procariótica carece da maior parte dos orgánulos (xeralmente só posúe ribosomas).

Non todas as células eucariotas conteñen todos os orgánulos ó mesmo tempo, senón que algúns aparecen en determinadas células de acordo coas súas funcións.

3º ESO Química. Apuntes Fomulación Inorgánica. 1ª Parte

Os dejo el enlace de descarga de los apuntes teóricos de Formulación Inorgánica. Corresponde a la primera parte del estudio de la formulación.


martes, 3 de diciembre de 2013

Tema 2 Matemáticas 4º ESO. Polinomios



En matemáticas, un polinomio es una expresión matemática constituida por un conjunto finito de variables (no determinadas o desconocidas) y constantes (números fijos llamados coeficientes), utilizando únicamente las operaciones aritméticas de suma, resta y multiplicación, así como también exponentes enteros positivos. 

Siempre surge una pregunta en relación a los polinomios...para que sirven?...

Se utiliza en la biología .Ejemplos: 
  • Mediante expansiones polinomiales se puede calcular la poblacion de un cultivo de bacterias.
  • Cristalografia de los rayos -x- para calcular la estructura tridimensional de las proteínas, y aún hoy se siguen usando para encontrar las estructuras de muchas otras.
  • También puedes saber la propagación de una enfermedad con un polinomio de segundo o primer orden dependiendo del numero de contactos entre personas sanas y enfermas...

La principal aplicación de los polinomios está en hacer pronósticos. Ejemplo: el pronóstico del clima se utiliza un polinomio en el cual hay muchas variables (presión, temperatura, masas de aire, etc).

Se utiliza en la medicina. Ejemplo: 
Son muchas las aplicaciones de la función lineal. Ciertas situaciones requieren del uso de ecuaciones lineales para el entendimiento de algunos fenómenos. Un ejemplo es el resultado del experimento sicológico de Stenberg sobre recuperación de información y la inteligencia.

Fisioloxía do Corazón

Vídeo moi interesante para comprender o funcionamento do corazón humano.


A Célula. Tema 4 Bioloxía 4º ESO

Segundo a teoría celular, enunciada no ano 1839, non é concibible un organismo vivo nun elo máis baixo que o dunha célula. Deste modo, os seres vivos máis sinxelos constitúense por unha soa célula, como poden ser os protozoos causantes de enfermidades do home coma a malaria ou a doenza do sono. Tamén son unicelulares moitos organismos que se consideran plantas polo feito de sintetizaren os seus alimentos a partir da luz mediante o proceso da fotosíntese.

Non obstante, os organismos máis complexos da natureza están compostos por moitas células, conformando un animal ou planta pluricelular. As células, conforme aumentan a complexidade, diferéncianse entre elas para levar a cabo funcións específicas nas que se especializan.



VÍDEO: Visión da célula en 3D realizada pola Universidade de Harvard.
Subtitulada para mencionar organelos e algunhas das súas funcións para a clase de Organelos Celulares en Histoloxía.


Apuntes Complementarios Tema 4 Bioloxía 4º ESO. Funcións Celulares

Déixovos o enlace de descarga dos apuntes en formato pdf.


domingo, 1 de diciembre de 2013

Dia Internacional da loita contra a SIDA. 1 de Decembro


Cada 1 de decembro, Día Mundial da SIDA, persoas de todo o mundo xuntan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia. 

Este evento brinda a todos os copartícipes, tanto públicos coma privados, unha das máis oportunidades máis claras para dar a coñecer a situación e impulsar avances en materia de prevención, tratamento e atención aos afectados nos países con elevada prevalencia e tamén no resto do mundo.

Por que non nos marea a rotación da Terra?



Cando xiramos sobre patíns, bailamos dando voltas ou montamos nunha nora, mareámonos doadamente. Non obstante, estamos a xirar sen parar na xigantesca nora que é a Terra sen ningún problema. E iso que o noso planeta dá unha volta sobre si mesmo cada 24 horas, o cal significa que nos movemos a 1.276 km/h. Pero non o notamos. Por que?

O mareo é un efecto secundario do mecanismo para manter o equilibrio en tres dimensións, as tres canles semicirculares perpendiculares entre si dos oídos. Cando xiramos a cabeza lentamente, o corpo decátase e tensa músculos distintos para manternos ergueitos. Pero cando a movemos moi rápido, o cerebro non sabe como actuar, e ás veces caemos por descoordinación muscular.

Non obstante, o movemento, como dixeron Galileo e Einstein, só ten significado se é relativo, se o relacionamos con algo que non se move. Nun avión, de noite e sen turbulencias, non sabemos que nos movemos. Isto mesmo pásanos coa Terra: para os nosos oídos estamos parados, pois todo o que nos rodea se move connosco.



Pica AQUI para ver un vídeo explicativo.

A unión dos continentes provocou a maior extinción da Terra

Un estudo atribúe a desaparición da maioría das especies do planeta hai 250 millóns de anos á integración de todas as masas de terra nunha soa chamada Pangea.
Unha pradaría submarina durante o Paleozoico, hai 340 millóns de anos

Aínda non existe unha explicación definitiva sobre que causou a Gran Mortaldade. As probas daquel suceso quedaron destruídas longo tempo atrás ou remataron sepultadas baixo toneladas de rochas máis recentes. Coas escasas pistas dispoñibles, os científicos apuntaron varias hipóteses, como o vulcanismo intensivo, o envelenamento dos mares e da atmosfera ou mesmo a colisión dun ou varios asteroides.

Dous científicos chineses elaboraron agora un estudo que responsabiliza da Gran Mortaldade á formación do supercontinentePangea ("toda a terra", en grego). A comezos do Permiano, o último período do Paleozoico, todos os continentes se fusionaron nunha única e colosal masa de terra duns 200 millóns de quilómetros cadrados, rodeada por un único océano, Pantalasa ("todos os mares", en grego).