SLIDER

jueves, 21 de agosto de 2014

Achan por primeira vez un ecosistema completo baixo os xeos da Antártida


Baixo os xeos da Antártida hai vida en abundancia. Acábao de demostrar unha expedición norteamericana, chamada Wissard (Whillans Ice Stream Subglacial Access Research Drilling), formada por investigadores de varias universidades e que esta semana publicou en Nature as súas primeiras conclusións. Baixo unha capa de xeo de máis de 800 metros de grosor, os científicos encontraron todo un ecosistema vivindo nun lago subterráneo ao que a luz e o aire non chegaron en millóns de anos.

As formas de vida descubertas son microorganismos unicelulares que para subsistir converten amoníaco e metano en enerxía. A maior parte destes organismos pertencen ao dominio das Arqueas, no que se encontran os seres vivos máis antigos do planeta. A investigación ten implicacións para a busca de vida noutros ambientes extremos, tanto na Terra como noutros mundos do Sistema Solar.

En canto ás especies encontradas, resulta moi dificil a súa identificación, pero, afirma Christner pola súa banda, "vimos unha columna de auga que probablemente ten unhas 4.000 scosassquepoderiamos chamar especies. Existe unha incrible diversidade".

O equipo de Wissard volverá perforar durante o próximo verán austral. Wissard é o primeiro esforzo multidisciplinar a grande escala para examinar directamente a bioloxía do ambiente subglacial antártico. A masa de xeo da Antártida cobre unha superficie equivalente a unha vez e media a dos Estados Unidos e contén o 70% da auga doce da Terra.

miércoles, 13 de agosto de 2014

Por primeira vez na historia, unha muller gaña a medalla Fields de Matemáticas


A iraniana Maryam Mirzakhani recibiu a medalla Fields, considerada o premio Nobel de las Matemáticas, na apertura do Congreso Internacional de Matemáticas (CIM) que se inaugurou este mércores en Seúl. Con 37 anos, esta profesora na universidade estadounidense de Stanford, foi unha dos catro premiados con este recoñecemento e a primeira muller en recibilo dende que foi instaurado en 1936.

A medalla Fields premia cada catro anos durante a celebración do CIM polos seus descubrimentos sobresaíntes a un máximo de catro matemáticos menores de 40 anos. Mirzakhani, que tamén é a primeira iraniana en lograr a medalla, foi premiada polos seus "impresionantes avances na teoría das superficies de Riemann e os seus espazos modulares".


sábado, 9 de agosto de 2014

O cráter do fin do mundo...cambio climático

Segundo os investigadores o enorme burato está relacionado coa fusión dos xeos perpetuos baixo a tundra.


O coñecido como «cráter do fin do mundo» localizado no norte de Siberia e cuxa imaxe conseguiu máis de 9 millóns de visitas en YouTube non é único e é un fenómeno natural que corrobora o cambio climático, segundo científicos da Universidade de Tomsk (Siberia).

«O cráter confirma que o cambio climático é real. O extraordinario é que este fenómeno a toda vista natural acontecese nun espazo de tempo tan curto, ante os nosos ollos», asegurou Leonid Rijvanov, doutor en Xeoloxía pola Universidade de Tomsk (Siberia), en declaracións a EFE.

Normalmente, os fenómenos xeolóxicos son resultado de procesos de centos ou miles de anos, pero os «buratos negros», como tamén son coñecidos os cráteres aparecidos na península de Yamal, que significa «Fin da Terra» en lingua aborixe, son relativamente recentes.

«Son consecuencia directa do quentamento do noso planeta que está a provocar que se derretan os xeo perpetuos que cobren a tundra siberiana. Aínda que non é algo catastrófico, xa que Siberia é un lugar moi sensible aos cambios», apuntou Rijvanov.

Rijvanov recordou que o xeo contén gas e cando se reduce o espesor da superficie xeada, ese gas sae disparado coma se se tratase de fumarolas nas zonas volcánicas e crea eses buratos con formas tan ideais, que parecen feitas polo home, por extraterrestres ou un meteorito, como se comenta nas redes sociais.

viernes, 8 de agosto de 2014

Que é un virus?

Enfermidades como o Ébola, a poliomelitis ou a gripe levan a falar deles. Explicamos como funcionan, por que é tan difícil loitar contra eles, por que son claves na evolución, por que hai virus espía...


Os virus son protagonistas da actualidade. Quizais porque este ano houbo catro importantes brotes de virus: o Ébola en Africaoccidental, o virus da polio en Oriente Medio e África, o coronavirusen Arabia Saudí e o Chikungunya en América do Sur. Ademais, encontrouse por accidente unha reserva dun virus que podería decimar a poboación ao longo e ao largo do mundo, a varíola, e este ano cúmprese o centenario dun conflito, a Primeira Guerra Mundial, que propiciou a dispersión do virus da gripe, acabando coa vida duns 50 millóns de persoas.