O Ano Internacional dos Bosques pretende chamar a atención de todos os cidadáns do mundo durante 2011.
O seu obxectivo é aumentar os esforzos de recuperación e conservación das masas arbóreas mundiais e recordar que son parte esencial do desenvolvemento sostible do planeta, grazas aos beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan.
Segundo estimacións da FAO, cada ano desaparecen máis de 13 millóns de hectáreas de bosques en todo o mundo, unha superficie equivalente á cuarta parte da península Ibérica.
Os expertos sinalan diversas causas, todas elas provocadas polos seres humanos: a sobreexplotación e a talla ilegal, a conversión a terras agrícolas e gandeiras, a recolección insostible da madeira, a xestión inadecuada da terra, a creación de asentamentos humanos, as explotacións mineiras e petrolíferas, a construción de encoros e estradas, as especies invasoras, os incendios forestais, os cultivos para agrocombustibles, a fragmentación dos ecosistemas ou a contaminación atmosférica.
Os bosques son moito máis que madeira. Máis de 1.600 millóns de persoas nos países máis pobres do mundo sobreviven polos alimentos, os materiais, a auga ou as medicinas que conseguen grazas a eles. Algúns son pobos indíxenas únicos en perigo de desaparición. Ademais, son o fogar do 80% da biodiversidade mundial de plantas e animais e, por iso, a súa destrución pon en perigo a supervivencia de moitas especies. Os bosques tropicais son o caso máis extremo, debido á gran cantidade e variedade de seres vivos e ás deforestacións masivas que padecen.
Vídeo Denuncia
No hay comentarios:
Publicar un comentario