viernes, 9 de septiembre de 2011


Este blog pretende ser unha ferramenta de apoio na miña tarefa como docente de Educación Secundaria. As TIC, en todas as súas modalidades, están cada vez mais presentes non só na aula senón tamén en todo o que nos rodea.


Unha posibilidade que teñen as Tic, é a creación de blogs, que permiten un continuo fluxo de información detallada e concreta dos temas que se poidan discutir.

Por todo iso e máis razóns, decidín este curso académico 2011/12 crear un blog enfocado ás Ciencias Naturais, que me sirva de apoio na miña práctica docente, con videos explicativos, presentacións, apuntes, enlaces...

Tamén pretende mirar ao noso Mundo dunha forma Ecolóxica e Sostible, achegando, videos denuncia, artigos, noticias, etc...

Espero que nos sirva de axuda a TOD@S.

No hay comentarios:

Publicar un comentario