SLIDER

domingo, 16 de octubre de 2011

Desastre Medioambiental en Nova Zelandia

O pasado 5 de Outubro as autoridades de Nova Zelandia lanzaron unha alerta por contaminación marítima e posible marea negra ao longo das súas costas debido ao naufraxio de parte do buque portacolectores de Liberia "Rena" que ameaza con romperse completamente e verter ao mar 1.700 toneladas de fuel pesado nunha baía repleta de mamíferos mariños.

Este buque ten unha capacidade de 47.000 toneladas e naufragou o pasado mércores na baía de Plenty, sobre os arrecifes de Astrolabe, a uns 22 quilómetros da cidade de Tauranga, sobre a illa do Norte en Nova Zelandia.

O carburante que se verteu sobre o mar xa forma unha masa sólida de cinco quilómetros de longo na costa e contén, ademais, substancias químicas disolventes.
Mancha de Fuel deixada polo Rena


As autoridades neozelandesas xa iniciaron os traballos de limpeza, aínda que sen obter resultados polas fortes correntes na zona.

O ministro de Medio, Nick Smith, estimou o venres que a avaría do "Rena" "podería converterse na máis grave catástrofe ambiental e marítima que padeceu Nova Zelandia nas últimas décadas".

Segundo o ministro de Transportes, Steven Joyce, as autoridades incrementan as tarefas para succionar o combustible da vertedura.

No seguinte vídeo podemos observar imaxes gravadas dende o propio buque.


No hay comentarios:

Publicar un comentario