En moitas ocasións teredes notado que cando alguén bocexa, ao pouco tempo, alguén e mesmo algúns o imitan.
Dise que o bocexo é contaxioso, pero non hai ningún estudo que o asegure. Existen varias hipóteses, como que se pode deber ao poder de suxestión.
Tamén se di que o bocexo serve para sincronizar o comportamento anímico, polo que se emitiría un sinal de cansazo a outros membros do grupo, para sincronizar os patróns de sono e actividade.
Moitos animais tamén bocexan, pero a diferenza do efecto contaxioso que produce no ser humano, entre os animais non se contaxia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario