domingo, 25 de noviembre de 2012

Saída Cultural. Museo do Pobo galego

Unha das visitas que realizaremos será ao Museo do Pobo Galego. Nel atópase unha mostra de arquitectura fascinante, a sua escaleira helicoidal.

No antigo convento de San Domingos de Bonaval construído entre 1685 e 1715, encóntrase no ángulo noroeste, a tripla escaleira helicoidal, que pola súa técnica e audacia estrutural dá boa mostra do virtuosismo arquitectónico de Domingo de Andrade

Nun mesmo oco se desenvolven tres ramplas independentes, que conducen aos diferentes pisos; só unha delas coroa no miradoiro que domina a cidade. Os chanzos da escaleira, dunha peza enteira, están suxeitos por un nervio exterior, sen necesidade de encaixar no muro nin de unirse uns con outros. 

Esta escaleira está considerada por propios e estraños como un dos elementos máis singulares do patrimonio arquitectónico de Compostela.

Se picas na imaxe poderas acceder a unha panorámica da mesma. Moi interesante.



No hay comentarios:

Publicar un comentario