Hai miles de millóns de anos, a superficie de Marte estaba cuberta dunha capa de cinza e lava expulsada por unha serie de supervolcáns, reis da xeografía do planeta nesa época.
Científicos da NASA e o Museo de Historia Natural de Londres chegaron a esta conclusión tras descubrir varios cráteres de forma irregular, vestixios destas xigantescas montañas, nunha área marciana coñecida como Arabia Terra.
Segundo explican na revista Nature, o achado cambia a forma na que os investigadores comprenden a evolución da xeoloxía e o clima do Planeta vermello ao longo da súa historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario