Un gecko coa cola como unha folla, unha lagarta dourada e unha ra que vive nas rochas permaneceron illados durante millóns de anos nunha planicie selvática practicamente fortificada.
Unha expedición de National Geographic e a australiana Universidade James Cook descubriu tres especies de vertebrados novas para a ciencia, que permaneceron illadas do resto do mundo durante millóns de anos nunha remota montaña da Península do Cabo York, no nordés de Australia.
O máis destacado foi o descubrimento do gecko de cola plana con forma de folla, un vertebrado grande (20 cm), «de aspecto primitivo», considerado unha reliquia do antigo continenteGondwana, dunha época en que a selva era máis común en Australia.
Foi bautizado como Saltuarius eximius, que significa excepcional ou extraordinario, polo diferente que é de todos os seus familiares. Pasa o día escondido nas rochas e de noite sae de caza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario