O duodeno caracterízase pola súa relación co estómago, fígado e páncreas, pero o xexuno e íleo son máis difíciles de distinguir, e non hai unha separación neta entre ambos.
En xeral, pódense distinguir porque:
1.- O xexuno ten maior diámetro que o íleo (3 centímetros o xexuno, 2 cm o íleo).
2.- O xexuno ten máis plegues circulares, máis vellosidades intestinais e máis finas, mentres que o íleo ten menos.
3.- En cambio, no íleo os folículos linfoides (placas de Peyer) e a irrigación vascular en forma de arcadas é maior, que no xexuno. Ademais as súas paredes son máis delgadas e menos vascularizadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario