martes, 19 de noviembre de 2013

A sonda espacial "Maven"

A cápsula 'Maven' da NASA despegou este luns rumbo a Marte dende Cabo Canaval (Florida) a bordo do foguete 'Atlas 5', para investigar por que desapareceu unha gran parte da atmosfera de Marte, o que impediu ao planeta vermello ser habitable

Malia que o día amenceu algo anubrado en Florida, o foguete despegou sen complicacións e a chegada de 'Maven' (siglas en inglés de 'Evolución Atmosférica e Volátil de Marte') á órbita marciana está prevista para finais de setembro de 2014, segundo informou a NASA, a axencia espacial estadounidense.

Unha vez alcance o exterior de Marte, 'Maven' tardará cinco semanas en adaptarse á órbita e a continuación comezará unha misión principal que se prolongará durante un ano. "As misións previas proporcionaron moitas evidencias de que en Marte houbo unha vez auga líquida, pero agora é un planeta frío e desértico", explicou o investigador principal, Bruce Jakosky, en declaracións á canle de televisión da NASA.



No hay comentarios:

Publicar un comentario