SLIDER

sábado, 16 de noviembre de 2013

As evidencias máis antigas de vida na Terra?


Un equipo de científicos internacionais descubriu no noroeste de Australia un complexo ecosistema fosilizado de microbios de case 3.500 millóns de anos e crese que se trata das evidencias máis antigas da vida na Terra, informaron medios locais.

Estas estruturas sedimentarias inducidas por microbios ou MISS, que foi achada, nunha zona rochosa chamada Dresser Formation, situada nunha remota zona da rexión de Pilbara, "poderían ser a evidencia máis antiga da vida na Terra", dixo o científico da Universidade de Australia Occidental, David Wacey.

Investigacións científicas previas derivaron no descubrimento de microfósiles e de estromatolitos de menor antigüidade que as estruturas sedimentarias achadas en Pilbara, segundo a cadea local ABC.

No hay comentarios:

Publicar un comentario