jueves, 28 de noviembre de 2013

Crean en Ourense un novo método para analizar as virtudes do mel

Desde o ano 2008 o Grupo de Investigación en Aerobioloxía e Apicultura da Universidade de Vigo colabora co Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia no estudo das características nutricionais e saudables do mel co obxectivo de favorecer, entre outras cuestións, a súa etiquetaxe.

Para analizar a viabilidade deste método no caso do mel galego, a investigadora Olga Escuredo realizou unha estadía na Universidade de Salamanca e traballou con Mª Inmaculada González-Martín, especialista na aplicación da espectrometría de infravermello próximo. “A medida con esta técnica é rápida pero para facela é preciso aplicar uns modelos matemáticos complexos. 
Unha vez realizados estes modelos a súa aplicación é sinxela”, explica a investigadora da Facultade de Ciencias do campus de Ourense

Concretamente, neste estudo analizaron con NIR 60 mostras de diferentes meles galegos e cotexaron os datos obtidos cos que xa se tiñan da súa análise no laboratorio coa metodoloxía química tradicional, para comprobar que eran similares. Na análise, apuntan os seus responsables, prestaron especial atención a compostos antioxidantes como os fenoles e os flavonoides, presentes no mel e noutros alimentos, obténdose bos resultados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario