jueves, 28 de noviembre de 2013

Vasos Sanguíneos

Os vasos sanguíneos clasifícanse en tres grupos:

Arterias:
as arterias son as encargadas de levar o sangue dende o corazón aos órganos, carrexando o osíxeno (excepto nas arterias pulmonares, onde transporta sangue con dióxido de carbono) e os nutrientes. Este sangue denomínase arterial ou oxigenado na circulación maior e ten unha cor vermella intensa. Teñen as paredes grosas e lixeiramente elásticas, pois soportan moita presión. A musculatura das súas paredes permítelle aos vasos contraerse e dilatarse para controlar a cantidade de sangue que chega aos órganos.

Veas:
levan o sangue dende os órganos e os tecidos até o corazón e dende este aos pulmóns, onde se intercambia o dióxido de carbono co osíxeno do aire inspirado, (agás nas veas pulmonares, onde se transporta sangue oxigenada). Este sangue chámase venoso e é de cor máis escuro. Posúen válvulas unidireccionais que impiden o retroceso do sangue.

Capilares:
teñen a súa orixe na división progresiva das arterias en ramificacións cada vez máis pequenas até chegar aos vasos capilares, que posúen finísimas paredes, e a través dos cales pasan as células sanguíneas, do mesmo xeito que os gases respiratorios, os nutrientes e o resto das sustancias que transporta o sangue.


No hay comentarios:

Publicar un comentario