▼
domingo, 15 de diciembre de 2013
A UVigo triunfa cun software que simula os movementos da auga
O grupo Ephyslab, da Universidade de Vigo, está a obter grandes resultados co software libre que teñen desenvolvido para prever o comportamento de grandes masas de auga. Creado en colaboración coas universidades de Manchester, Gante e Politécnica de Catalunya, o programa (bautizado DualPhysics) acumula xa máis de 25.000 descargas. E as súas simulacións son de gran utilidade para a enxeñería, por exemplo na construcción de encoros ou grandes diques ou paseos marítimos.
Cando se fan plans de protección de comunidades é necesario prever como lle afectarán por exemplo, inundacións debidas a un aumento do caudal dos ríos ou do nivel do mar, e así un longo etcétera de posibilidades. Para pór en común os últimos avances neste eido, expertos dalgúns dos principais grupos de investigación públicos e privados que traballan en España e Portugal neste tema déronse cita este martes e mércores no campus de Ourense.
Segundo informa Rosa Tedín, no DUVI, o encontro, que levou por título Iberian Workshop Advances on Smoothed Particle Hydrodynamics, estivo organizado polo Grupo Ephyslab da Universidade de Vigo, co seu director Moncho Gómez Gesteira ao fronte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario