jueves, 12 de diciembre de 2013

Cando desaparecerá a auga na Terra?


Dentro de aproximadamente 1.000 millóns de anos terase evaporado todo a auga da Terra, indica un estudo científico francés publicado na revista Nature que apraza en varios centos de millóns de anos as estimacións realizadas en anteriores previsións. 
Ese fenómeno, segundo a investigación, débese aos efectos do aumento da radiación solar, que non ten ningún vínculo co quentamento climático.

Ao igual que a maior parte das estrelas, segundo esas conclusións, a luminosidade do Sol aumenta moi lentamente e de forma natural ao longo da súa existencia, o que leva consigo unha alza das temperaturas terrestres.

O CNRS e os outros tres institutos implicados sinalan que a cantidade de vapor de auga na atmosfera se incrementa coa temperatura dos océanos, e explican que o vapor de auga é un gas de efecto invernadoiro que participa no quentamento da superficie terrestre. 
Eses científicos prevén que ese incremento acabe provocando a "ebulición dos océanos" e a desaparición da auga no seu estado líquido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario