miércoles, 4 de diciembre de 2013

O millo é máis san canto máis escuro


Un estudo da Misión Biolóxica de Galicia descobre a relación entre a cor do rei dos cereais e a súa capacidade antioxidante.

Existe unha relación directa entre a intensidade da cor do gran de millo e os seus compostos beneficiosos para a saúde, como asantocianinas e os carotenoides. Canto máis escuro, máis compostos antioxidantes.

A relación entre a cor e os antioxidantes non é o único resultado sorprendente: os científicos da MBG, organismo pertencente ao Consello Superior de Investigacións Cientificas (CSIC) tamén comprobaron que o proceso tradicional de elaboración de pan de fariña de millo non altera a capacidade antioxidante do cereal, de modo que o efecto beneficioso que ten o millo para a saúde se conserva nos produtos elaborados a partir deste cereal...ler máis.


No hay comentarios:

Publicar un comentario