domingo, 1 de diciembre de 2013

Por que non nos marea a rotación da Terra?



Cando xiramos sobre patíns, bailamos dando voltas ou montamos nunha nora, mareámonos doadamente. Non obstante, estamos a xirar sen parar na xigantesca nora que é a Terra sen ningún problema. E iso que o noso planeta dá unha volta sobre si mesmo cada 24 horas, o cal significa que nos movemos a 1.276 km/h. Pero non o notamos. Por que?

O mareo é un efecto secundario do mecanismo para manter o equilibrio en tres dimensións, as tres canles semicirculares perpendiculares entre si dos oídos. Cando xiramos a cabeza lentamente, o corpo decátase e tensa músculos distintos para manternos ergueitos. Pero cando a movemos moi rápido, o cerebro non sabe como actuar, e ás veces caemos por descoordinación muscular.

Non obstante, o movemento, como dixeron Galileo e Einstein, só ten significado se é relativo, se o relacionamos con algo que non se move. Nun avión, de noite e sen turbulencias, non sabemos que nos movemos. Isto mesmo pásanos coa Terra: para os nosos oídos estamos parados, pois todo o que nos rodea se move connosco.



Pica AQUI para ver un vídeo explicativo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario