SLIDER

viernes, 31 de octubre de 2014

Achan un anaco de Australia baixo a illa Vanuatu


Os xeólogos crían que Vanuatu, no Pacífico Sur, non tivo contactos continentais, pero o achado de fragmentos de Australia no subsolo desta illa de orixe volcánica obriga agora a reformularse a formación desa parte do mundo.

Unha investigación da Universidade James Cook descubriu cristais de circón nas rochas volcánicas que forman o subsolo de Vanuatucunha idade de ata 3.000 millóns de anos, un material propio de Australia que, segundo o doutor Carl Spandler, «non» debería encontrarse aí».

«A antigüidade dos cristais de circón de Vanuatu é case a mesma das rochas que formaron o norte de Australia (...) Este (descubrimento) pide que nos replantemos como calculamos as escalas e procesos que crearon a codia terrestre», sinalou nun comunicado o científico, coautor do estudo.

Os fragmentos encontrados deberon separarse de Australia arredor de hai 100 millóns de anos, antes do Cenozoico, a era na que os continentes ocuparon as súas posicións actuais, cando Australia e Nova Guinea se desprenderon de Gondwana e a Antártida se posicionou sobre o Polo Sur.

No hay comentarios:

Publicar un comentario