domingo, 19 de octubre de 2014

Un espectacular cometa sobrevoa Marte

Este raro acontecemento astronómico acontece unha vez cada millón de anos.

Esta mesma tarde, ás 20.28 hora peninsular española, un cometa chamado C/2013 A1 Siding Spring pasou a uns 140.000 km de Marte, menos da metade da distancia da Terra á Lúa, un raro acontecemento astronómico que acontece unha vez cada millón de anos. Ningunha rocha deste tipo se achegou xamais tanto ao noso planeta.

O cometa, do tamaño dun pequena montaña, viaxa a 56 km por segundo, unha velocidade endemoñada á que nin sequera se achega a dunha bala. Á espera de que as naves e rovers marcianos obteñan imaxes reais do acontecemento, un vídeo da NASA mostra como se puido ver o cometa dende a superficie do Planeta vermello. A «visita» é realmente espectacular, co núcleo e a xigantesca cola do cometa perfectamente visibles no ceo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario