Un escudo é unha rexión continental constituída por rochas formadas no precámbrico, que non foron recubertas polo mar. Os escudos están formados polas rochas máis antigas da codia terrestre, granitizadas e metamorfizadas.
Dende as súas orixes permaneceron estables e conservando a súa rixidez. O feito de que nunca puidesen ser somerxidos nas transgresións mariñas débese a que sufriron movementos tectónicos verticais. Non experimentaron pregamentos, xa que resistiron a todos os empurres horizontais.
No mapa están localizados os escudos planetarios en cor laranxa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario