Podemos resumir o concepto moderno de teoría celular nos seguintes principios:
Todos os seres vivos están formados por células ou polos seus produtos de secreción. A célula é a unidade anatómica da materia viva, e unha célula pode ser suficiente para constituír un organismo.
Todas as células proceden de células preexistentes, por división destas (Omnis cellula ex cellula).
As funcións vitais dos organismos ocorren dentro das células, ou no seu contorno inmediato, controladas por substancias que elas segregan. Cada célula é un sistema aberto, que intercambia materia e enerxía co seu medio. Nunha célula caben todas as funcións vitais, de maneira que basta unha célula para ter un ser vivo (que será un ser vivo unicelular). Así pois, a célula é a unidade fisiolóxica da vida.
Cada célula contén toda a información hereditaria necesaria para o control do seu propio ciclo e do desenvolvemento e o funcionamento dun organismo da súa especie, así como para a transmisión desta información á seguinte xeración celular. Así que a célula tamén é a unidade xenética.
No hay comentarios:
Publicar un comentario