SLIDER

sábado, 21 de marzo de 2015

Tras da eclipse, chega a marea xigante


Tras a eclipse solar, chega un novo fenómeno: a que xa foi bautizada como a ‘marea do século‘. 
A aliñación do Sol, a Lúa e a Terra provocará a fin de semana do 21 e 22 de marzo unha espectacular suba do nivel do mar, que será de varios metros en varios lugares do planeta. Estas mareas só se producen cada 18 anos, en datas próximas ao equinoccio de primavera. A última rexistrouse o 10 de marzo de 1997 e non veremos a vindeira ata o 3 de marzo de 2033.

Tres factores importantes multiplican o efecto das forzas de atracción sobre o mar este sábado: para comezar, a eclipse, coa conseguinte aliñación entre estrela, satélite e planeta. A segunda, o equinoccio de primavera; e a terceira, que a Lúa estará no perixeo, o punto máis próximo á Terra.

En Galicia, espérase que a suba do nivel do mar alcance os catro metros en zonas como A Coruña, Corcubión e Foz. En todos os portos, será observable unha inusual preamar e algunhas praias practicamente desaparecerán coa marea alta, para alcanzar unha grande extensión durante a baixamar. Recoméndase precaución, especialmente nos portos, pola ondada que poida producirse. En Galicia, a preamar de horario diurno chegará en col das 16.00 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario