SLIDER

domingo, 27 de septiembre de 2015

A Fosa das Marianas

A fosa das Marianas é a máis profunda fosa oceánica coñecida e o lugar máis profundo da cortiza terrestre. Ten a súa orixe nun proceso de subducción. Localízase no fondo do Pacífico noroccidental, ao sueste das illas Marianas, preto de Guam.

O coñecemento da existencia da fosa das Marianas data de antes de 1870, cando un navío tentou medir a profundidade mediante a sondaxe con lastre atado a unha corda, nesa oportunidade sondouse unha profundidade de 8 km. A fosa foi visitada en 1872 pola fragata da Mariña Real Británica Challenger, que dá o nome á parte máis profunda da fosa, o abismo Challenger.

A fosa ten unha lonxitude de 2.550 km e unha anchura media de 70 quilómetros. A presión no fondo da fosa é de 108.600 kPa (unhas 1072 atm). Paralela á fosa corre un cinto de illas que dá orixe ao arquipélago de illas Marianas, moitas desas illas son de orixe volcánico. O seu punto máis profundo é chamado abismo Challenger con 11.034 m de profundidade e unha presión de 110.000 kPa.

Na fosa atopouse unha lura xigante do xénero Architeuthis, unha especie descoñecida de linguado e varias especies descoñecidas ata entón. A 11 km de profundidade atopáronse outros tipos de biodiversidade como minúsculos seres vivos unicelulares e unha forma de plancto por agora descoñecida, segundo publicouse na revista Science. A fosa das Marianas é un dos lugares máis enigmáticos da Terra.



No hay comentarios:

Publicar un comentario