viernes, 30 de marzo de 2018

España, pendente da caída da Estación Espacial China


A Tiangong 1 (a primeira estación espacial chinesa) está a se achegar á Terra, sen control, e atópase xa a menos de 200 quilómetros de altura. Segundo os cálculos da ESA (a Axencia Espacial Europea), esta base espacial de 8 toneladas de peso caerá sobre a superficie do noso planeta entre hoxe e o vindeiro luns. 

E un 40% dos seus equipos, como os motores ou os depósitos de combustible, resistirán a intensa fricción contra a atmosfera terrestre e, por tanto, acabarán impactando contra o chan. Segundo a ESA, España está entre os países onde poden caer estes anacos de chatarra espacial, que conteñen hidracina, unha substancia altamente tóxica. 

Zona de risco Estados Unidos, o sur de Europa, Chile, Arxentina, Nova Zelandia, gran parte de China e Xapón forman a zona do planeta onde poden caer os restos (duns 100 quilos de peso) desta estación espacial...ler máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario