miércoles, 29 de febrero de 2012

Bosque Fosilizado en Nova York

Reconstrucción do bosque de Gilboa


Científicos descobren no estado de Nova York un bosque enteiro fosilizado de hai 385 millóns de anos, o máis antigo do mundo.

Para os científicos, foi como caer dunha máquina do tempo e camiñar por un mundo perdido, no que podían identificar cada árbore e cada planta, co aspecto exacto que tiñan e no lugar exacto onde se encontraban durante o Devónico Medio, hai millóns de anos. 
Científicos do Museo de Nova York e das Universidades de Binghamton e Cardiff desenterraron no estado de Nova York un bosque enteiro fosilizado de 385 millóns de anos, o chan do bosque máis antigo do mundo. 
A investigación, que aparece publicada na revista Nature, permitiu describir a extraordinaria riqueza e complexidade deste antiquísimo paraxe natural, ao tempo que pode botar nova luz sobre o papel dos bosques actuais e o seu impacto no cambio climático.

O recente descubrimento fíxose na mesma área das montañas de Catskill, no Condado de Schoharie, onde foron encontrados en 1920, durante a construción dunha presa próxima, os fósiles das árbores máis vellas da Terra. Pero a canteira encheuse e...ler máis

No hay comentarios:

Publicar un comentario