domingo, 26 de febrero de 2012

Neutrinos "mentireiros"

Detector do Proxecto OPERA
Puido haber anomalías nas medidas dos neutrinos superlumínicos.

Responsables do experimento OPERA, que en 2011 informaron sobre neutrinos viaxando a unha velocidade superior á da luz entre o CERN en Xenebra (Suíza) e o laboratorio Gran Sasso (Italia), recoñecen que puido haber anomalías nas medicións. Dúas incidencias relacionadas cos dispositivos GPS parecen estar detrás do problema, segundo anuncia hoxe o CERN.

A colaboración internacional OPERA, integrada por máis de 150 investigadores, informou ás súas axencias de financiamento e aos laboratorios que acollen os seus ensaios que identificou dous posibles efectos que poderían ter influído nas medidas facilitadas o ano pasado sobre o tempo que tardaron os neutrinos en viaxar, a unha velocidade lixeiramente superior á da luz, entre o CERN e o laboratorio italiano Gran Sasso.
As dúas anomalías detectadas requiren...ler máis.



No hay comentarios:

Publicar un comentario