Cando queremos mover de forma independente os dedos da man, o maimiño (meñique) e o polgar(os dedos "externos") reaccionan moito máis rápido que o dedo corazón. Isto débese a que as células nerviosas que controlan os dedos veciños afectan negativamente á capacidade de resposta, segundo demostraron Hubert Dinse e os seus colegas do Instituto de Computación Neuronal da Universidade de Bochum (Alemaña) nun estudo publicado en PNAS. E o dedo corazón leva todas as de perder porque ten outros dous dedos a cada lado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario