Unha tormenta solar, de forte a severa, achégase á Terra
Segundo as previsións do National Oceanic and Atmospheric Administration(NOAA) a Exección de Masa Coronal (MCE) podería alcanzar as altas latitudes do planeta durante a mañá deste xoves e ata as 14.00 horas (hora española).
Esta tormenta solar é consecuencia da labarada que a mancha solar 1429 lanzou na madrugada do pasado martes e que alcanzou o nivel X5.4 de intensidade, sendo X a categoría máis alta existente. En canto á tormenta, a NOAA espera unha escala forte, de G3 a G4, o que afectaría a altas latitudes e terá impacto nas zonas próximas aos polos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario