Os foguetes modernos foron inventados a principios do século XX, aínda que as bases físicas que rexen o seu movemento foron descritas tempo antes por Newton, entre outros. Nós utilizamos a primeira lei de Newton para mover os nosos foguetes e avións a reacción. Pero os animais tamén o fan. Unha contracción brusca da bolsa da tinta da lura lanza este produto cara a adiante, e a lura móvese cara a atrás a alta velocidade. Pica na foto para acceder a un vídeo explicativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario