O daltonismo é un defecto xenético consistente na imposibilidade de distinguir as cores (discromatopsia). Aínda que ningún daltónico confunde as mesmas cores, é moi frecuente que confundan o verde e overmello; con todo, poden ver máis matices do violeta que as persoas de visión normal e son capaces de distinguir obxectos camuflados. Tamén hai casos nos que a incidencia da luz pode facer que varíe a cor que ve o daltónico.
CURIOSIDADES:
Os daltónicos posúen unha visión nocturna superior á dunha persoa con visión normal.
Os daltónicos son capaces de identificar máis tons de violeta cas persoas de visión normal.
A maioría dos daltónicos non sabe que posúe esta anomalía.
A percepción das cores varía moito dunha persoa con daltonismo a outra.
A incidencia de daltonismo é maior entre os descendentes de europeos.
Normalmente as cores predilectas desta alteración xenética son o azul e o vermello, por seren cores vivas.
Para os daltónicos o arco da vella non posúe 7 cores.
Esta imaxe é o chamado Test de Ishihara; o cal serve para detectar si eres ou non Daltónico. Si ves o número 42, non eres Daltónico. Se picas na Imaxe poderás acceder a máis imaxes que serven como test.
No hay comentarios:
Publicar un comentario