domingo, 21 de septiembre de 2014

Os hidratos de carbono (Glícidos)

Os hidratos de carbono, tamén chamados glícidos ou azucres teñen como principal función achegar enerxía ao organismo de xeito inmediato.

Son a primeira fonte de enerxía da dieta, sendo a base da pirámide da alimentación.

Cando comemos calquera alimento rico en carbohidratos, os niveis de azucre en sangue aumentan de forma case inmediata, volvendo aos seus niveis normais a medida que vai pasando o tempo, dispoñendo en calquera situación desa reserva enerxética.

Recoméndase unha achega de glícidos na dieta de entre un 55-60%-60 da enerxía total consumida.

A elevada porcentaxe de inxestión (máis da metade) na dieta destes macronutrientes débese principalmente a que proporcionan enerxía inmediata, evitando tirar doutras reservas como graxas ou aminoácidos.

No caso da inxestión de fibra (celulosa), é recomendable inxerir máis de 25 gramos de fibra ao día, debido aos efectos tan saudables que posúe.




No hay comentarios:

Publicar un comentario