A falla de San Andrés está situada nunha gran depresión do terreo nunha área límite transformante, con desprazamento dereito entre a placa Norteamericana e a placa do Pacífico. Esta falla transformanteé famosa por producir grandes e desvastadores terremotos. Ten unha lonxitude de aproximadamente 1286 km e pasa a través do estado de California, en Estados Unidos, e de Baixa California en México.
Debido a que a placa do Pacífico penetra polo golfo de California e cara ao norte da falla de San Andrés, nos próximos 50.000 anos a península de Baixa California separarase de México e, convertida nunha illa, desprazarase cara ao norte. Calcúlase que chegará fronte a Alaska nuns 50 millóns de anos. Cada ano aproximadamente a península de Baixa California sepárase 6 cm.
No hay comentarios:
Publicar un comentario