lunes, 14 de octubre de 2013

As Fallas e as Dobras

Unha falla é unha descontinuidade que se forma por fractura nas rochas da codia terrestre, ao longo da cal houbo movemento dun dos lados respecto do outro. As fallas fórmanse por esforzos tectónicos actuantes na codia. A zona de ruptura ten unha superficie xeralmente ben definida denominada plano de falla.
Unha dobra, é unha deformación das rochas, xeralmente sedimentarias, na que elementos de carácter horizontal, como os estratos ou os planos de xistosidade (no caso de rochas metamórficas), quedan curvados formando ondulacións alongadas e máis ou menos paralelas entre si.
As dobras orixínanse por esforzos de compresión sobre as rochas que non chegan a rompelas; en cambio, cando si o fan, fórmanse as chamadas fallas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario