SLIDER

martes, 8 de octubre de 2013

Conservación dos Alimentos

Leite Pasteurizado ou Leite UHT?

Leite pasteurizado. Foi sometida a un tratamento térmico durante un tempo e unha temperatura suficientes para destruír os microorganismos patóxenos, aínda que non as súas esporas (formas de resistencia dos microorganismos). Non obstante, non se pode considerar como un produto de longa duración, polo que se debe manter sempre en refrixeración e convén consumila no prazo de 2-3 días. Comercialízase como leite fresco do día.

Leite UHT ou leite uperizada. É aquela que foi tratada a unhas temperaturas moi elevadas durante un tempo que non superan os 3-4 segundos. Debido ao curto período de quentamento, as calidades nutritivas e organolépticas do produto final mantéñense case intactas ou varían moi pouco respecto ao leite de partida. Consérvase durante uns tres meses a temperatura ambiente se o envase se mantén pechado. Unha vez aberto o envase, debe conservarse na neveira, por un período máximo de catro a seis días.




No hay comentarios:

Publicar un comentario