SLIDER

lunes, 9 de mayo de 2016

Crean unha chip para controlar o cerebro e administrar fármacos


Un equipo de investigación español deseñou un novo chip que, introducido dentro do cerebro, permite rexistrar a actividade neuronal in situ e liberar fármacos en caso de necesitalos. De momento foi probado experimentalmente in vivo en ratas pero abre un mundo de posibilidades a tratamentos de enfermidades neurodegenerativas, como o Parkinson, o Alzheimer ou a epilepsia. 

Ejercicios Estequiometria 3º ESO

Para descargar los ejercicios pincha en la Imagen.


sábado, 7 de mayo de 2016

Hai alguén aí fóra?

Documental de La2, onde se reflexiona sobre a posibilidade da existencia de vida fora do Planeta Terra. 
O universo ten 14.000 millóns de anos de antigüidade e 500.000 millóns de galaxias. Estes datos, xunto aos espectaculares avances da astrofísica, fixeron pensar a algúns científicos que existen posibilidades de atopar intelixencia extraterrestre.

Pica na Imaxe para ir ao vídeo




Transcripción do ADN. Explicación

Energía Mecánica con Rozamiento. Ejercicio resuelto

jueves, 5 de mayo de 2016

Físicos españois, a piques de demostrar a radiación de Hawking


Fai catro décadas, o astrofísico Stephen Hawking predixo que os buracos negros, esas misteriosas rexións do espazo cunha gravidade tan poderosa que deforma o espazo-tempo, non o «devoran» todo. Segundo a súa teoría, os buracos poderían emitir espontaneamente pares de partículas. Unha delas sería tragada, pero a outra escaparía cara a fóra, o que un observador externo vería como unha emisión espontánea de radiación, bautizada co nome do seu descubridor.


Científicos de todo o mundo levan décadas tratando de imitar este fenómeno no laboratorio, con fibras ópticas, aneis de iones, polaritones (partículas híbridas de luz e materia) ou condensados de Bose-Einstein (BEC, polas súas siglas en inglés), que son gases de átomos fríos co mesmo estado cuántico. É tamén o obxectivo dun equipo de físicos da Universidade Complutense de Madrid (UCM).

O seguinte paso agora é probar estas técnicas teóricas no laboratorio, algo que o científico español está a levar a cabo en Israel xunto a Jeff Steinhauer, director do equipo no Instituto Tecnolóxico de Israel (Techion), quen publicou un artigo en ArXiv onde afirma conseguilo, un traballo que, nestes momentos, está pendente de revisión. «De confirmarse, supoñería un fito a nivel mundial pois sería a primeira observación ata a data da emisión espontánea de radiación de Hawking», avanza Muñoz.