SLIDER

Mostrando entradas con la etiqueta Voz Natura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Voz Natura. Mostrar todas las entradas

sábado, 31 de marzo de 2012

Voz Natura: Plantación 1º ESO



Dentro do Proxecto Voz Natura, “A Semente do Futuro”, deste curso escolar, os alumnos/as de 1º de ESO, realizaron unha saída extraescolar á veiga de Tintores.


A saída celebrouse o 21 de Marzo, coincidindo co Día da Árbore; durante a actividade programouse a plantación dunha serie especies arbóreas en maceta, no propio medio natural de Tintores, que axudarán no futuro a aumentar a biodiversidade do lugar.


Os alumnos/as participaron activamente na actividade, na que ademais de realizar a propia plantación, perséguese educar aos alumnos/as en valores medioambientais, facendo fincapé na importancia das nosas árbores e o beneficio que reportan tanto ao medioambiente como ao ser humano.




Para ver as fotos da actividade pica na imaxe.

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Voz Natura: Actividade Infantil e Primaria


Os alumnos/ás de Ed. Infantil e Ed. Primaria realizaron unha actividade enmarcada dentro do Proxecto Voz Natura que realizaremos durante este curso.

A actividade en Ed. Infantil desenvolveuse na aula de cada un dos grupos e consistía en plantar un bulbo dunha planta nunha maceta. Os nenos/ás participaron activamente na actividade, sendo eles os protagonistas do proceso de sementeira.
O seguinte paso será o coidado da planta, dende os seus inicios, co fin de que os nenos/ás sexan participes de todo o desenvolvemento da planta.

Os alumnos de Ed. Primaria desenvolveron a súa actividade no Ximnasio do Centro, onde cada clase, realizou unha sementeira dunha especia arbórea (Acivro) nunha maceta. Unha vez realizada a sementeira os alumnos/ás deberán realizar todos os coidados pertinentes para poder transplantar a especie a un hábitat natural autóctono durante a celebración do día da árbore.

O Obxectivo principal dun Proxecto Ambiental, como é o de VozNatura, é que os alumnos/ás adquiran unha conciencia ambiental dende as idades máis temperás ata chegar á adolescencia, considerando a conciencia ambiental un valor moi importante nas persoas.

Podedes ver as fotos de Infantil no seguinte enlace Pincha Aquí

Podedes ver as fotos de Primaria no seguinte enlace Pincha Aquí

miércoles, 9 de noviembre de 2011

Spot publicitario da FAO



Con motivo do Ano Internacional dos Bosques, a FAO publicou un spot publicitario onde mostra a importancia dos bosques para todos nos.

lunes, 17 de octubre de 2011

Seguen os Incendios


Os últimos lumes forestais en Galicia afectan a máis de 6.000 hectáreas. Case todos os incendios se localizan na provincia de Ourense.
A situación nos montes galegos permanece en máxima alerta despois do último parte de Medio Rural, que recoñece 16 incendios activos e outros dous controlados, a gran maioría na provincia de Ourense. A superficie total queimada supera xa de sobra as 6.000 hectáreas...ler máis

lunes, 3 de octubre de 2011

NOVAS

Un dos principais riscos aos que se enfrontan os nosos bosques son os Incendios. Dende o Proxecto Voz Natura pretendemos concienciar ao alumnado, do risco que supoñen, tanto para a flora e fauna do noso entorno como para eles mesmos/as

Sirva como feito real, o acontecido na nosa Comarca durante o pasado fin de semana no que se rexistraron numerosos incendios. Para saber máis pica nos seguintes enlaces:



jueves, 29 de septiembre de 2011

2011 ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES


O Ano Internacional dos Bosques pretende chamar a atención de todos os cidadáns do mundo durante 2011. 

          O seu obxectivo é aumentar os esforzos de recuperación e conservación das masas arbóreas mundiais e recordar que son parte esencial do desenvolvemento sostible do planeta, grazas aos beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan.

Segundo estimacións da FAO, cada ano desaparecen máis de 13 millóns de hectáreas de bosques en todo o mundo, unha superficie equivalente á cuarta parte da península Ibérica. 

          Os expertos sinalan diversas causas, todas elas provocadas polos seres humanos: a sobreexplotación e a talla ilegal, a conversión a terras agrícolas e gandeiras, a recolección insostible da madeira, a xestión inadecuada da terra, a creación de asentamentos humanos, as explotacións mineiras e petrolíferas, a construción de encoros e estradas, as especies invasoras, os incendios forestais, os cultivos para agrocombustibles, a fragmentación dos ecosistemas ou a contaminación atmosférica.

       Os bosques son moito máis que madeira. Máis de 1.600 millóns de persoas nos países máis pobres do mundo sobreviven polos alimentos, os materiais, a auga ou as medicinas que conseguen grazas a eles. Algúns son pobos indíxenas únicos en perigo de desaparición. Ademais, son o fogar do 80% da biodiversidade mundial de plantas e animais e, por iso, a súa destrución pon en perigo a supervivencia de moitas especies. Os bosques tropicais son o caso máis extremo, debido á gran cantidade e variedade de seres vivos e ás deforestacións masivas que padecen.

Vídeo Denuncia



lunes, 12 de septiembre de 2011

PROXECTO VOZ NATURA 2011/12 PDF

PROXECTO VOZ NATURA 2011/12



Durante este curso 2011/12, o noso centro participará novamente, e xa van 9 edicións nas que temos participado, na 15ª Edición do Concurso Voz Natura. Presentámonos co proxecto " A SEMENTE DO FUTURO".

O programa Voz Natura, auspiciado pola Fundación Santiago Rei Fernández-Latorre, céntrase nesta edición en reforestar, conservar e defender os espazos arbóreos como parte esencial do desenvolvemento do planeta. Así, nos proxectos que agora comezan a executarse abundan as iniciativas relacionadas cos bosques e os recursos forestais, os repoboacións con especies autóctonas, as limpezas de ecosistemas...

Mediante distintas actividades a desenvolver durante o curso, traballaremos cos alumn@s, espertar neles tanto unha conciencia coma unha educación mediaombiental, centrada na conservación e recuperación dos nosos bosques.

Neste blog irei publicando actividades, fotos, artigos, noticias e todo o relacionado co 
noso Proxecto.

         Aporto o enlace do proxecto na seguinte entrada.