SLIDER

Mostrando entradas con la etiqueta Tema 3 BX 3º ESO (2015/16). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 3 BX 3º ESO (2015/16). Mostrar todas las entradas

lunes, 7 de diciembre de 2015

Power Point Tema 3 Bioloxía 3º ESO

Pica na Imaxe para descargalo.


Curiosidade...os 10 alimentos máis caros do Mundo

Os amantes das artes culinarias buscan expandir os seus horizontes constantemente. Nun mundo globalizado, onde o luxo parece non ter límites, os alimentos, non quedan atrás. Cada vez é máis fácil acceder a produtos como; trufas europeas ou melones xaponeses, aínda que os seus prezos adoitan ser moi elevados.


domingo, 6 de diciembre de 2015

Conservación dos Alimentos

No seguinte vídeo explícannos unha nova técnica de conservación: Conservación a Altas Presións Hidrostáticas.


lunes, 30 de noviembre de 2015

A bacterias do intestino deciden cando e canto comemos



A flora intestinal está a atraer cada vez máis a atención dos investigadores pola influencia que teñen estes microscópicos inquilinos na nosa saúde. A súa alteración asóciase con trastornos metabólicos, como a obesidade e a diabetes mellitus, e trastornos neuropsiquiátricos como a esquizofrenia, autismo, ansiedade e depresión. Entre os últimos achados, destaca o feito de que tamén poderían estar a influír na eficacia dos fármacos e tratamentos que recibimos, como parece que ocorre na imunoterapia do cancro, a nova e esperanzadora forma de loitar contra os tumores.

Segundo os modelos actuais de control do apetito, hormonas producidas no intestino chegan aos sistemas do cerebro que regulan o apetito para indicar cando temos fame ou cando estamos xa saciados. Pero isto podería cambiar. Como se viu por primeira vez neste estudo, as proteínas que produce a flora intestinal despois de que comésemos poden influír na emisión de sinais no eixo intestino-cerebro, así como activar as neuronas do apetito reguladas no cerebro.

Unha análise máis detallada revelou que as proteínas bacterianas que indican sensación de saciedade estimulan a liberación de péptido YY, unha hormona producida na porción distal do tracto dixestivo e tamén no cerebro, asociada coa sensación de saciedade. Pola contra as proteínas que producían as bacterias "famentos" non provocaban ese efecto saciante. E ocorría o contrario co péptido similar ao glucagón-1 (GLP-1), unha hormona que se produce fundamentalmente no intestino que a produce liberación de insulina cando comemos.

domingo, 29 de noviembre de 2015

Recurso TIC - Bioloxía 3º ESO

Déixovos o link dunha aplicación onde poderedes repasar o concepto de dieta equilibrada e os nutrientes que ela contén.

Trátase do enlace que aparece no libro de Texto no apartado "A Roda dos Alimentos".

Pica na Imaxe para acceder ao recurso.


sábado, 28 de noviembre de 2015

A Dieta saudable

Para que a nosa dieta sexa equilibrada debe conter polo menos dúas racións de verdura diaria, unha na comida e outra na cea; de 2 a 3 pezas ou racións de froita ao día; de 2 a 3 racións de alimentos proteicos ao día (carne, peixe e ovos, de preferencia pouco graxos), cereais ou féculas ricos en fibra, tales como a pasta, o arroz ou o pan integral ou os legumes; e evitar alimentos como o azucre, doces como marmeladas ricas en azucre, bebidas azucradas, bolería e pastelería industrial e alimentos precociñados. 


jueves, 19 de noviembre de 2015

Tema 3 Bioloxía 3º ESO

Comezamos o estudo do tema 3 no que estudaremos conceptos como a dieta, a roda dos alimentos, a dieta equilibrada e outros moitos.


Un dos aspectos que están a discutir máis os nutricionistas é o feito de coñecer como será a nosa alimentación no futuro; unha boa mostra é este documental (1ª parte) sobre este aspecto.

Sirva este documento como preámbulo do Tema.