A Célula
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 4 BX 4º ESO (2012/13). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 4 BX 4º ESO (2012/13). Mostrar todas las entradas
domingo, 13 de enero de 2013
jueves, 10 de enero de 2013
Comparativa: MITOSE & MEIOSE
No seguinte vídeo móstranos as diferenzas entre estes dous tipos de reproducción celular; a explicación (subtitulada) ven acompañada de imaxes con esquemas moi claros.
Moi interesante.
Moi interesante.
Meiose: Animación
Déixovos outra animación do proceso de meiose celular, para que aclaredes que é o que pasa en cada unha das dúas divisións.
Para acceder á Animación PICA AQUÍ.
miércoles, 9 de enero de 2013
Enlace de descarga Bioloxía 4º ESO
Si PICAS AQUÍ descargarás os apuntes complementarios de Bioloxía correspondentes as Funcións da Célula do Tema 4.
martes, 8 de enero de 2013
Recurso TIC: Animacións
Déixovos un recurso TIC, no que poderedes mediante animacións repasar todo o que conleva a reproducción das células, repasando os dous métodos que empregan: MITOSE e MEIOSE.
Para acceder ao recurso PICA na Imaxe.
A Meiose: producción de gametos
A meiose é un tipo de división celular eucariótica, que comprende dúas divisións seguidas e ten como obxectivo a produción de células reprodutoras como gametos.
Prodúcese unha primeira división celular no que o número de cromosomas das células fillas xa é haploide, pero cada cromosoma ten dúas cromátidas.
A esta primeira división séguelle unha segunda que dá como resultado catro células cun número de cromosomas tamén haploide pero cunha soa cromátida por cromosoma.
martes, 25 de diciembre de 2012
Os Cromosomas humanos
A Mitose: A Reproducción nas Células
A mitose ou división do núcleo é o proceso polo cal os cromosomas duplicados se distribúen equitativamente entre as células fillas. É un proceso continuo que, para facilitar o seu estudo, se divide en cinco fases: profase,prometafase, metafase, anafase e telofase.
domingo, 16 de diciembre de 2012
Nutrición e Relación Celular. Apuntes
Estudaremos estas dúas funcións vitais das células, seguindo os seguintes apuntes. Xa os podedes descargar.
jueves, 13 de diciembre de 2012
Orgánelos Celulares
En bioloxía celular, denomínase orgánulos (ou tamén organelos) ás diferentes estruturas contidas no citoplasma das células, principalmente as eucarióticas, que teñen unha forma determinada. A célula procariota carece da maior parte dos orgánulos.
Non todas as células eucarióticas conteñen todos os orgánulos ao mesmo tempo, aparecen en determinadas células de acordo ás súas funcións.
Non todas as células eucarióticas conteñen todos os orgánulos ao mesmo tempo, aparecen en determinadas células de acordo ás súas funcións.
lunes, 10 de diciembre de 2012
A vida no interior da Célula
'The inner life of a cell' é unha curtametraxe de aspecto científico que demostra diversos mecanismos biolóxicos que suceden dentro do corpo humano. Esta animación en gráficos 3D fíxose en demanda de Bio Visions, do Departamento de Bioloxía Molecular e Celular da Universidade de Harvard.
A animación explícanos que lle sucede a un leucocito (ou glóbulo branco, as células de defensa do organismo) cando se produce un estímulo externo, é dicir, cando un obxecto extraño, unha infección... entra no organismo e o leucocito debe atravesar os vasos sanguíneos para chegar ata onde se ten que actuar.

Os máis entendidos poderán apreciar o traballo das proteínas receptoras, os microtúbulos, o ARN circular que se impulsa polos poros nucleares, a inserción no aparato de Golgi, un linfocito desprazándose a través dunha parede capilar, etcétera.
Forma e tamaño das células
A forma das células é moi variada: cilíndrica, esférica, estrelada, de disco, etc. Siempre teñen volume, só unhas poucas son planas. No ser humano cre que hai máis de 100 billóns de células. Non obstante, non todas posúen a mesma forma. Calcúlase que existen ata 250 tipos de células diferentes no corpo humano.
O tamaño das células tamén é moi variable; unha bacteria pode medir 1-2 microns de lonxitude, mentres que unha célula nerviosa de balea mide varios metros.
domingo, 9 de diciembre de 2012
Células Nai. Reportaxe Tres14 (La2)
Comezaremos o estudo da Célula en 4º de ESO. O estudo da célula remóntase ao século XVII e o seu avance ten sido espectacular nos últimos anos e como expoñente dos últimos avances é o ámbito das Células Nai.
O programa de TV Tres14, adicoulle unha reportaxe onde tratan temas coma: podemos fabricar órganos con células nai?; células nai e pura sangues; cremas con células nai; investigación e leis; que enfermidades curan as células nai?; como se descubriron as células nai; o home e a formiga.

Tema 4 Bioloxía 4º ESO: A CÉLULA
Como introducción ao Tema 3 de Bioloxía en 4º ESO, déixovos este vídeo onde viaxaremos ao interior dunha nas nosas células.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)