SLIDER

lunes, 10 de diciembre de 2012

A vida no interior da Célula

'The inner life of a cell' é unha curtametraxe de aspecto científico que demostra diversos mecanismos biolóxicos que suceden dentro do corpo humano. Esta animación en gráficos 3D fíxose en demanda de Bio Visions, do Departamento de Bioloxía Molecular e Celular da Universidade de Harvard.

A animación explícanos que lle sucede a un leucocito (ou glóbulo branco, as células de defensa do organismo) cando se produce un estímulo externo, é dicir, cando un obxecto extraño, unha infección... entra no organismo e o leucocito debe atravesar os vasos sanguíneos para chegar ata onde se ten que actuar
Os máis entendidos poderán apreciar o traballo das proteínas receptoras, os microtúbulos, o ARN circular que se impulsa polos poros nucleares, a inserción no aparato de Golgi, un linfocito desprazándose a través dunha parede capilar, etcétera.


No hay comentarios:

Publicar un comentario