SLIDER

jueves, 13 de diciembre de 2012

O Corazón

O corazón é, en anatomía, o órgano principal do aparato circulatorio dos animais, impulsor da circulación do sangue

É un músculo estriado oco que actúa como unha bomba aspirante, que aspira cara as aurículas (cavidades superiores do corazón) o sangue que circula polas veas e o impulsa ás arterias desde os ventrículos (cavidades inferiores do corazón). Entre estes dous atópase unha válvula que fai que a dirección da circulación sexa a adecuada. 

O corazón é un órgano musculoso e cónico situado na cavidade torácica, que funciona como unha bomba, impulsando o sangue a todo o corpo. Un pouco máis grande que un puño, está dividido en catro cavidades: dous superiores, chamadas aurículas, e dous inferiores, chamadas ventrículos
O corazón impulsa o sangue mediante os movementos de sístole e diástole.
  • Sístole é unha contracción que usa o corazón para expulsar o sangue, xa sexa dunha aurícula ou dun ventrículo.
  • Diástole é unha relaxación que usa o corazón para relaxar os ventrículos ou as aurículas e recibir o sangue.



No hay comentarios:

Publicar un comentario