Unha colonia de microbios sobrevive illada dende hai máis de 2.800 anos en augas con altas concentracións de sal, sen luz nin osíxeno. Podería dar pistas sobre a vida extraterrestre.
Onde hai auga, hai vida. Si, aínda que sexa unha auga con grandes concentracións de sal a 19 metros por debaixo do xeo da Antártida, na escuridade total e con temperaturas que alcanzan os -13,5ºC.
Un equipo de científicos do Instituto de Investigación Desert (DRI) de Nevada (EUA) descubriu que neste lugar imposible curiosamente chamado lago «Vida» (IMAXE SUPERIOR), e situado ao leste do continente xeado, unha colonia de microbios que, estiman, permaneceu illada durante máis de 2.800 anos.
A investigación, que podería dar algunhas claves sobre a vida noutros planetas, foi publicada na revista «Proceedings» da Academia Nacional de Ciencias de EUA. LER MÁIS
No hay comentarios:
Publicar un comentario