SLIDER

martes, 4 de diciembre de 2012

A NASA insiste: NON HAI FIN DO MUNDO

Científicos vense obrigados a combater os rumores tras recibir máis de 5.000 preguntas de cidadáns preocupados que temen que se cumpra a suposta apocalipse maia o 21 de decembro.

A menos de vinte días para que, segundo erróneas interpretacións do calendario maia, o mundo chegue á súa fin, a NASA viuse obrigada a impartir a súa pedagoxía científica para combater os rumores apocalípticos

En realidade, leva moito tempo intentando aclarar pacientemente que nada sucederá ese día, polo menos ningún cataclismo cósmico, como o choque da Terra con outro planeta, o impacto dun asteroide xigante ou unha labarada solar que acabe coa nosa civilización. Pero por incrible que pareza, aínda hai xente que teme que algo tremendo caia sobre as súas cabezas o 21 de decembro

A páxina web de David Morrison, director do Centro Carl Sagan... LER MÁIS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario