SLIDER

domingo, 30 de diciembre de 2012

A Terra sálvase dun impacto dun asteroide en 2040


O asteroide chámase 2011 AG5, mide 140 metros de diámetro e ata hai pouco foi considerado unha posible ameaza para a Terra. A posibilidade de que a rocha chocase contra o noso planeta dentro dunhas poucas décadas, no ano 2040, era, segundo os científicos, unha entre 500, o suficientemente alta como para manternos alerta. Non obstante, unha nova investigación a partir de observacións realizadas co telescopio Gemini Norte en Mauna Kea, Hawaii, pode arrancarnos un suspiro de alivio. Segundo o novo traballo, a posibilidade de impacto é insignificante.

O obxecto foi descuberto orixinalmente en xaneiro de 2011 polos observadores de Mount Lemmon Survey en Tucson, Arizona. Se de verdade chegase a chocar coa Terra liberaríanse uns 100 megatóns de enerxía, unha potencia varios miles de veces superior ás bombas atómicas que puxeron fin á Segunda Guerra Mundial. Os científicos mesmo formularon...ler máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario